"O libro máxico" con Migallas Teatro: múscia, contos e maxia en familia.
O pasado 11 de xuño, grazas ao programa Lectura e Familias de Bibliotecas Escolares de Galicia, gozamos dunha tarde chea de música e emoción coa actuación de Migallas Teatro na nosa biblioteca.
María Campos e Carlos Yus, avós da escola e referentes do teatro infantil galego, trouxéronnos "O libro máxico", unha proposta musical que fixo cantar, rir e soñar a pequenos e maiores. A través das cancións, fomos entrando en diferentes historias, vivindo un encontro lúdico, afectivo e interxeracional arredor da lectura e a oralidade.
Unha sesión para lembrar, que puxo en valor o poder das palabras e da música para unir á comunidade educativa. Grazas, Migallas, por esta marabillosa tarde!