Neste curso, volvemos contar cun equipo de voluntariado moi especial na biblioteca: as nenas e nenos maiores da escola, que de xeito altruísta e comprometido ofrecen o seu tempo para axudar.
Durante os recreos, por quendas, encargánse das devolucións e empréstitos, organizan os libros, recomendan lecturas e ata felicitan pola radio aos compañeiros e compañeiras que celebran aniversarios ou transmiten mensaxes importantes. Ademais, lembran amablemente que é necesario respectar as normas da biblioteca e mantela ordenada ao rematar cada sesión.
Tamén son eles e elas os encargados dos sorteos das mochilas viaxeiras, que anuncian pola radio e entregan aos afortunados.
Este ano, mesmo puxeron en marcha obradoiros para os máis pequenos, comodebuxo, teatro ou origami, aproveitando o seu tempo libre para compartir coñecementos e diversión.
Grazas a todo este alumnado por facer da nosa biblioteca un lugar vivo, colaborativo e moi especial. Noraboa pola vosa implicación!
Obradoiros entre o alumnado.