Para a celebración das Letras Galegas, en colaboración co Equipo de Dinamización Linguüística da escola, organizamos obradoiros con circulación libre. En cada aula había unha proposta para fomentar o uso da lingua galega: teatro, contacontos, cantigas, refráns e adiviñas, baile de sombras, instrumentos tradicionais, lectura en calma, maxia, construción dun trompo, etc... Cada parella da paz escolleu tres obradoiros aos que asistir e desfrutar en galego.
Día do libro. Lemos coa parella da paz.
Nesta celebración tan especial realizamos curso a curso esta dinámica de lectura compartida entre parellas de diferentes niveis. Cada parella comparte o seu libro favorito e a súa lectura no lugar da escola preferido. Segue a ser un momento máxico.