25 N

No 25 N  deixamos claro que en Meaño tamén rexeitamos a violencia machista. Tomamos de base a proposta da fotógrafa Elina Chauvet, creadora dunha instalación artística que naceu na Cidade de Juárez tendo como protagonistas zapatos vermellos, invitando á reflexión sobre as desaparición e asasinatos de mulleres. 

Cada clase da escola encargouse de deseñar, preparar e sacar unha fotografía de zapatos vermellos e logo atopar unha frase que fixera reflexionar. Realizamos unha exposición con todas as fotos da escola.