Mochilas 21-22
A finalidade principal das mochilas viaxeiras: Facer chegar a todas as casas lecturas motivadoras, variadas, inspiradoras, divertidas... Levar un anaquiño da biblioteca da escola a todas as familias que forman parte dela.
Este curso, o equipo de biblio seleccionou a bibliografía dotando 14 mochilas (1 para cada aula + 4 para as aulas con máis alumnado + 1 mochila de profes) do seguinte xeito:
- Un conto adaptado á idade.
- Un novidade de narrativa adaptada á idade (só en Primaria).
- Un libro de consulta.
- 1 libro de manualidades, experimentos ou cociña.
- Un libro– CD.
- Unha revista (Caracola para Infantil, National Geographic Kids de 1º a 6º).
- Unha guía de orientación familiar.
- Un caderno de viaxe.
Como en cursos anteriores, os/as covilaboradores/as realizaron un sorteo quincenal (un venres cada 15 días) pola megafonía do colexio onde se anunciaban os gañadores da mochila. Mentres os nenos/as estaban na hora de ler, íase anunciando o/a gañador/a de cada clase e ían subindo á biblioteca a recollela. Ao rematar o curso, todo o alumnado da escola acabou tendo unha vez a mochila na súa casa.