Lectura e familias

Na nosa escola contamos cunha comisión de familias que desempeña un papel fundamental no apoio á biblioteca escolar e á escola, e na realización de actividades relacionadas cos proxectos que esta promove. 

Esta comisión tamén colabora directamente co alumnado realizando obradoiros relacionados co PDI de cada curso. Con respecto á artesanía levou a cabo talleres de costura, calceta, ganchillo, barro, etc. , ademais de colaborar no acondicionamento e mellora das instalacións da escola. A súa dedicación e esforzo contribúen significativamente ao enriquecemento da experiencia educativa dos nosos estudantes e ao fortalecemento da nosa comunidade escolar.