Hoxe toca... Día na biblio!

Este será o horario de uso da biblioteca en tempo escolar para este curso:

Cada grupo terá reservada a biblioteca para utilizar durante todo un día (cada dúas semanas).

Durante este tempo poderanse realizar, entre outras, as seguintes dinámicas (xa postas en marcha durante cursos anteriores):

- Clubs de lectura.

- Utilización do espazo e recursos da radio escolar.

- Roteiros literarios.

- Escrita creativa.

- Traballo por proxectos e búsqueda de información.

- Filosofía para nen@s.

- Uso do croma e recursos de televisión.

- Lectura por lecer e uso de libros da biblioteca (de forma individual, deixando nun caixón habilitado aqueles libros que foron utilizados).

- Uso dos esconarbots e impresora 3D (sempre que se manipulen de forma individual)

- Uso das tablets e ordenadores da biblioteca de xeito individual.

- Uso das zonas maker de costura, matemáticas e ciencias, sempre que sexa cunha manipulación individual dos materiais.

- Uso da pantalla multitáctil.

- Préstamo de libros (devolvendo os mesmos nos caixóns da entrada da biblio).

- Etc.

Video-conferencia con Fuco, profesor do Departamento de Economía Aplicada, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Coñecemos a historia de José Puertollano e realizamos unha proposta de escrita creativa sobre a súa ascención en 1909 á torre da Berenguela.


Vídeo-conferencia con Fuco.

Vídeo-conferencia con Fuco.

Impresión 3d na biblioteca, logo de ter realizado nos días previos o deseño correspondente en Tinkercad. Ámbito matemático: medidas con mm, cálculo de superficies. Concepto de lonxitude, altura e ancho.

Programas de radio do primeiro trimestre.

Búsquedas de información para os proxectos relacionados co monte A Toxa.