Investigamos na biblio 22-23

A biblioteca: fonte de investigación e busca de información.

Fundamentalmente dentro dos contextos educativos de aprendizaxe de educación Primaria lévanse a cabo cada curso numerosos proxectos de investigación (ademáis dos que teñan relación co PDI). Nas titorías tamén hai proxectos e mini-proxectos, ademais de pequenas investigacións sobre temas diversos (monumentos, insectos, flores, viaxes, mascotas, historia, biografías...). A biblioteca é a fonte de recursos principal para poder realizar estes proxectos e busca de información.

A metodoloxía para estas investigacións xira en torno ao traballo por proxectos, traballo por intelixencias múltiples, traballo por tarefas e grupos de expertos, plans de traballo, experimentos, estacións… alternando todas elas en función dos contidos a tratar. Todas as propostas rematan cun resultado final, que tamén varía pero que en numerosas ocasións é unha exposición oral, programa de radio, gravación na tele, facer un libro, expoñer e realizar un experimento, construir unha maqueta, mapas mentais, liñas do tempo, representacións teatrais, murais, etc.

Estes son algúns dos títulos de proxectos  levados a cabo durante este curso nos diferentes contextos : "Para gustos... hai cores", "Manda de lobos", "Sombras do mar", "Sol e lúa, día e noite", "Animais e hábitats", "O corpo humano", etc.


2º contexto: Proxecto de investigación relacionado coa noite.

1º contexto: Para gustos... hai cores

Pequenas investigacións na biblio:

Proxecto do contexto dos maiores: O corpo

Proxecto "Animais e hábitats" do contexto dos medianos