Biblio creativa 23-24

A biblioteca é un laboratorio creativo de aprendizaxe. Tanto apostamos por ela que durante este curso vímonos obrigados a ampliar a nosa zona maker, trasladando a biblio creativa ao novo "Obradoiro Quinteiro". Na biblioteca quedaron os Legos, xogos de mesa e material para manualidades. Neste novo taller/ obradoiro, sempre ao lado dos nosos libros, quedaron preparadas as seguintes seccións:

Aprender facendo e construíndo fomenta nas nenas e nenos habilidades prácticas e o pensamento crítico, permitíndolles aplicar coñecementos teóricos de maneira tanxible. Esta metodoloxía estimula a creatividade e a colaboración, esenciais para o desenvolvemento integral. Por isto, unha biblioteca creativa na escola convértese nun recurso vital, brindando o entorno e as ferramentas necesarias para potenciar este tipo de aprendizaxe activo. 

Este novo espazo, ademais, posibilitou un avance na escola cara as comunidades de aprendizaxe. Acudiron familias durante todo o curso a colaborar e compartir as súas habilidades: calceta, costura, barro,  scrapbooks, velas... O obradoiro Quinteiro acolleu encantada toda a sabiduría artesanal das familias de Meaño.

Atelier. Obradoiro Quinteiro

Espazo biblio creativa

Obradoiro de Alberto Añón. Oleiro de Buño.

A mañá do 17 de xaneiro tivemos a sorte de contar co experto en barro Alberto Añón. Ofreceu un obradoiro ao que asistiu o alumnado desde 1º ata 4º de Primaria. Cada un realizou varias producións en barro, guiados polo experto e algúns poideron probar e usar o torno, realizando varias producións no mesmo. 

Poidemos ter este obradoiro grazas á partipación da escola no programa "Biblioteca creativa".