Árbore tenebrosa de Infantil. Internivel A.
O venres buscamos un lugar no camiño ao monte para deixar a nosa cabaza.
Árbore tenebrosa de Infantil. Internivel B.
Aproveitamos o día que nos tocaba biblio para debuxar a árbore alí.
O venres levamos as cabazas ao monte.
Árbore tenebrosa de Infantil 5 anos.
Debuxamos a nosa árbore tenebrosa nunha cartolina negra
Pousamos as cabazas: venres 30.
Árbore tenebrosa de 1º
O día da biblio tocou escribir e ilustrar o libro da árbore tenebrosa
Tamén gravalo na radio
Levamos as cabazas ao monte.
Decoramos a nosa árbore tenebrosa con bandeiras piratas co código qr co noso conto.
Pensamos en que tesouros piratas esconderiamos no monte. Debuxamos e escribimos os nosos tesouros.
Samaín en 2º
Cosemos cabazas e fixemos guirnaldas con elas.
O venres decoramos a nosa árbore tenebrosa e inventamos un conto terrorífico.
En 3º, por equipos, buscamos as árbores máis tenebrosas.
As escollidas por toda a clase foron estas "árbores xemelgas". Bo lugar para ler os contos inventados, tamén para deixar unha caixa metálica con eles dentro.
O venres fomos levar as cabazas ao monte
Árbore tenebrosa de 4º
O venres decorámola con elementos naturais inertes e colgamos os nosos contos.
Árbore tenebrosa de 5º
O venres fomos descubrindo polo monte as árbores, contos e decoracións de todos os cursos.
En 6º camuflámonos na nosa árbore tenebrosa.
Tamén preparamos o itinerario para o percorrido nocturno nos coches coas familias.
O venres lemos contos de medo no bosque. Buscamos contose árbores terroríficas doutros cursos e disfrutamos delas.