Via XVIII (via nova)
Salaniana (Portela do Homem)
Aquis Originis (Baños de Río Caldo)
Aquis Querquennis (Baños de Bande)
Geminis (Sandiás)
Salientibus (Baños de Molgas)
Praesidio (O Burgo)
Nemetobriga (Mendoia)
Forum gigurrorum (A Cigarrosa, A Rúa)
Gemestario (O Robledo da Lastra)
Bergido (Castro da Ventosa, Cacabelos)
Interamnio Flavio (San Román de Bembibre)
Principais restos:
Miliario XXIX na Via Nova en Campo do Gerês, Terras de Bouro
Miliario de Zadagós (Sandías)
Miliarios de Vilariño das Poldras (Sandías)
As once mansio, ou lugares de descanso da Via Nova, entre Bracara Augusta e Asturica Augusta.
A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas, que serían uns 330 quilómetros (pero por un lixeiro fallo de cálculo en realidade son 318km). Este trazado e un dos que máis miliarios conserva de toda Europa..
Construída polo legado Caio Calpetanus Rantius Quirinalis Velerius Festus baixo mandato do emperadorVespasiano na segunda metade do seculo I D.C (entre os anos 79 e 80) con propósitos comerciais, e restaurada en tempos de Maximino o Tracio e o seu fillo Máximo (primeira metade do século III D.C).
Itinerario: No itinerario de Antonino (século III D.C) recibía o nome de Vía XVIII.