Volkswagen Phaeton

Data de publicación: Feb 13, 2014 8:21:44 AM

Imaxe sacada da wikipedia.

Na mitoloxía grega Faetón (en latín Phaeton, ntis: "Faetón ou Faetonte", que no grego antigo significaba "brillante", "radiante") era fillo, segundo unha tradición, de Helios e de Clímene, esposa de Mérope, e segundo outra sería o fillo que Eos lle da a Céfalo e que Afrodita roubaría cando non era máis que un neno, para convertilo en daimon, gardián nocturno dos seus sagrados santuarios.

Faetón alardeaba con seus amigos que seu pai era o deus do sol. Éstos non o creían até que Faetón cansouse e preguntoulle a seu pai Helios, quen xurou darlle o que quixese; Faetón pediulle conducir o seu carro. Despois de moitas recomendacións, o Sol accedeu aos desexos do seu fillo, pero este, debido á altura na que se encontraba, deixouse levar polo pánico e perdeu o control dos cabalos que tiraban do carro. E así convertiu en deserto case toda África queimando a pel dos etíopes ata convertela en negra. Finalmente, Zeus tivo que intervir desbocando o carro cun raio para apagalo e Faetón afogou no río Erídano (Po).

A marca dalle este nome ao modelo para facernos crer que, conducíndoo, todos podemos ser uns Faetóns, dignos de levar nas nosas mans nin máis nin menos que o carro do sol.

Iso sí, con coidado!