Galaicus, a historia de Décimo Xunio Bruto

Data de publicación: Apr 20, 2011 8:26:1 AM

Semella que, definitivamente, 2012 vai ser o ano da conmemoración da conquista romana da Gallaecia, porque, ademais do noso documental, comenzará a rodaxe dunha superprodución galega que nos contará a vida de Décimo Xunio Bruto, o xeneral romano que liderou a conquista da Limia no século II a.C.

A productora Zircozine, con Farruco Castromán e Luis Tosar á fronte, será a encargada de levar á pantalla esta historia, que conta co apoio do Inorde, a Deputación e os Concellos de Ourense e Xinzo, así como de varios colectivos do Arde Lucus de Lugo e a asociación Civitas Limicorum de Xinzo de Limia, que organiza todos os veráns a Festa do Esquencemento.

pd: vendo a Baltar neste vídeo tan emocionado ao falar do proxecto, un non pode deixar de pensar na cantidade de simpatizantes e parentes do mandatario ourensán que poderían desempeñar o papel de extras na película, tendo en conta o número de porteiros por metro cuadrado que ten na Deputación...