Provinciae

Hispania na época republicana

Desde 197 a. C. a parte da Península Ibérica sometida a Roma quedou dividida en dúas provincias: a Citerior, ao Norte (a futura Tarraconense, con Carthago Nova e despois Tarraco por capital), e a Ulterior (ao Sur), con capital en Córdoba. O goberno destas dúas provincias correspondería a dous procónsules (chamados tamén pretores) bianuales (o que a miúdo resultará incumplido). A poboación estaba obrigada a pagar un tributo.

Nese mesmo ano, a provincia Citerior foi escenario da rebelión dos pobos íberos e ilerxetes (pobo que habitaba a península antes da chegada romana) que o procónsul non puido controlar. A provincia Ulterior escapou do control de Roma, morrendo o seu gobernador. Roma enviou en 195 a. C. ao cónsul Marco Catón, quen cando chegou a Hispania atopou toda a provincia Citerior en rebeldía, coas forzas romanas controlando só algunhas cidades fortificadas. Catón venceu aos rebeldes no verán deste mesmo ano e recobrou a provincia. A submisión dos indíxenas era aparente, e cando correu o rumor da saída de Catón cara a Italia, a rebelión renovouse. Catón actuou con decisión, venceu aos sublevados e vendeu aos cautivos como escravos.

Fonte: wikipedia

Hispania en tempos do emperador Augusto

Augusto reorganizou o territorio do xeito seguinte: A Hispania Ulterior dividiuse en dúas provincias, a Lusitania con capital en Emerita Augusta, e a Baetica, con sedes en Corduba e Hispalis. A Hispania Citerior pasa a chamarse Tarraconensis, con capital en Tarraco.

Mentres as provincias Tarraconensis e Lusitania eran provincias imperiales (o que supoñía que era o propio emperador quen nomeaba aos seus gobernadores) debido a súa maior conflictividade, a Baetica era unha provincia senatorial, ao ser menos conflictiva, e era o senado o que nomeaba os gobernadores desta última. Con poucos cambios, sería a división provincial de Augusto a que perduraría durante prácticamente todo o periodo imperial, xa que a seguinte gran división, a de Diocleciano, sucedería menos de cen anos antes da invasión de Hispania polas tribos bárbaras.

Fonte: wikipedia

División administrativa no alto Imperio (s. II d.C.)

As tres provincias creadas por Augusto resultaban ser zonas demasiado amplas para a súa correcta administración, polo que se subdividiron en 14 Conventus Iuridici. Tiñan unha función administrativa (a recaudación de impostos), xudicial (administración de xustiza a nivel inferior co da provincia) e relixiosa (centro difusor do culto imperial).

A provincia Tarraconensis estaba dividida en sete conventus:

    • Tarraconensis

    • Caesaraugustanus

    • Cluniensis

    • Carthaginensis

    • Asturum

    • Lucensis

    • Bracarum

Dos anteriores os tres últimos máis tarde se excindirían formando Gallaecia.

A provincia Baetica estaba dividida en catro conventus:

    • Cordubensis

    • Hispalensis

    • Gaditanus

    • Astigitanus

A provincia Lusitania estaba dividida en tres conventus:

    • Emeritanus

    • Scalabitanus

    • Pacensis

Imaxe

Capitais dos Conventus Iuridici do alto Imperio (s. II d.C.)

Tarraconensis

Lusitania

Scallabis (c. scallabitanus)

Emerita Augusta (c. emeritensis)

Pax Iulia (c. pasensis)

Santarem (Portugal)

Mérida (Extremadura)

Beja (Portugal)

Baetica

A Hispania na época de Diocleciano

Na época do emperador Diocleciano (finais do s.III) volveuse restructurar a organización territorial. Diocleciano comprendeu que era imposible manter cohesionado a un imperio de tan grandes magnitudes como era o romano e decidiu dividilo en dúas entidades distintas: o Imperio romano de occidente e o Impero romano de oriente. Con isto no 298, Diocleciano fixo novas división: mantivéronse case iguais a Baetica e a Lusitania pero a Tarraconensis dividiuse en tres: Tarraconensis, Carthaginiensis e Gallaecia. A península ibérica e a Mauritania Tingitana, capital Tingis (Tánxer), formaron a Diocesis Hispaniarum.

Dentro das provincias o goberno exercíase dende unha capital.

*Imaxe da wikipedia. División de Diocleciano no 298.

As cidades da Hispania de Diocleciano

Os núcleos de poboación máis importantes eran as colonias e os municipios. As colonias eran poboacións de nova creación habitadas por colonos romanos (cidadáns aventureiros ou soldados licenciados), indíxenas, escravos e libertos, como Emerita Augusta (Mérida).

Os municipios eran comunidades xa existentes que se incorporaron ó seren conquistadas, como Lucus Augusti, suxeitas ó pago dun tributo e coa obriga de prestar axuda militar.

Imaxe: wikipedia

Gallaecia

Tarraconensis

Lusitania

Baetica

Carthaginiensis

Balearica

Pollentia e Pollensa

Maiorca

Realizado por : Natalia Carracedo