Aurum

Explotación mineira e de recursos

Ruina Montium nas Médulas de Carucedo

A minería, é dicir, a explotación de minerais da codia terrestre, tivo dende sempre moita importancia en Galicia, que xa era transitada na idade antigua polas naves gregas e fenicias que facendo a ruta para conseguir estaño ata as illas Casitérides (a situación destas crea moita controversia entre os estudosos. Algúns sitúanas na Bretaña mentres que outros, como Xosé Cornide, defenden que se atopan en Galiza. Tamén pode ser, seguindo a opinión do xornalista Xulio Gutiérrez, que non fosen un lugar real, senón unha invención que se correspondería cos xacementos metálicos das rexións de Bretaña, Galicia e Cornualles, afastadas entre si, pero que formaban parte da ruta comercial dos fenicios). Polo tanto, este tipo de actividade económica xa estivo controlada polos romanos dende os seus comezos o que explica que despois, a partir do século I a.C, comezaran a invadir Galicia os propios romanos e outros pobos colonizadores.Cita de Estrabón (seguindo a Posidonio) sobre as illas Casitérides:

"En canto ao estaño, nega que se encontre na superficie, lugar común entre os historiadores, senón que sácase do subsolo e dáse entre os bárbaros de máis alá dos lusitanos e nas illas Casitérides e é transportado dende territorio británico ata Masalia. Conta que entre os ártabros, que son os pobos máis remotos de Lusitania cara ao Noroeste, a terra ten eflorescencias de prata, estaño e ouro branco (por estar mesturado con prata) e que esa terra a arrastran os ríos. E as mulleres, resgándoa con sachos, lávana en cribas entrelazadas en forma de cesto."

(Xeografía III, 2, 9)

"As Casitérides son dez, están próximas entre si, ao norte do Porto dos Ártabros, en alta mar. Só unha delas está deserta e nas demais viven xentes que levan negras capas e visten túnicas ata os pés, levan un cinto en torno ao peito e pasean con bastóns, semellantes ás deusas da Vinganza das traxedias. Viven dos seus rabaños, ao estilo nómade xeralmente. Como teñen minas de estaño e chumbo cambian estas materias, así como as súas peles, por cerámica, sal e utensilios de bronce cos mercadores. Antes eran os fenicios os únicos que explotaban este comercio dende Gadira, ocultando a todos a súa ruta; e nunha ocasión en que os romanos seguiron un navegante para coñecer tamén eles o emporio, o navegante, por celo, encallou voluntariamente nun baixío, e despois de arrastrar á súa mesma perdición tamén os seus perseguidores, salvouse de entre os restos do naufraxio e recibiu do erario público o prezo das mercadorías que perdera. Pero os romanos intentárono moitas veces ata que lograron descubrir a ruta. E unha vez que Publio Craso fixo a travesía e soubo que os metais se extraían a pouca profundidade e que os homes eran pacíficos, indicou detalladamente a ruta aos que desexaban sucar este mar, aínda que era maior que o que os separaba de Britania."

(Xeografía III, 5, 11)

Dives Gallaecia

Era tan importante o norte como fonte de riqueza do imperio que Silio Itálico refírese a Galicia como a “Dives Gallaecia” (a rica Galicia). Libro III. 344-347

Fibrarum et pennae diuinarumque sagacem

A rica Gallaecia envía a súa mocidade

coñecedora da adiviñación polas entrañas das bestas

polo voo das aves e polas chamas divinas

a cal ou ben berraba bárbaros cánticos nas súas linguas patrias ou ben

tras golpearen a terra con golpes alternos de pé

se aledaba en bater os sonoros caetras ritmicamente.

*imaxe de DivesGallecia en Flickr

As Médulas, minas de ouro da época da Hispania romana situadas na comarca do Bierzo, ao suroeste da cidade de Ponferrada, na actual provincia de León. Áchanse nas proximidades da localidade leonesa de Carucedo, ao pé dos montes Aquilianos (pertencentes ao conxunto serrano dos montes de León). Toman o aspecto de montañas de carácter ruiniforme e cor avermellada, por mor da complexa técnica extractiva utilizada polos romanos denominada ruina montium.

En primeiro lugar, para levar acabo este sistema, era necesaria unha gran cantidade de auga. Esta auga era collida dos ríos e arroios que nacen nos Montes Aquilianos a través dunha inmensa rede de canles. Unha vez realizados as canles ou corrugi con devandito sistema, a auga podía chegar á zona de explotación, e o proceso (Ruina Montium) comezaba. Este consistía nunha primeira acumulación de auga que viña polas canles dunha especie de encoros situados nas partes altas da explotación, aos que os romanos denominaban como Piscinae, ata enchelos por completo. Cando o crían conveniente, abrían as comportas destes encoros e facían pasar a auga polas galerías escavadas na montaña, e producíase a erosión dos materiais, toda esta masa de auga e barro era arrastrada cara ás canles de lavado ou agogae. Estas galerías eran construídas previamente, o que fai pensar no traballo de persoal cualificado.

Unha vez realizados as canles ou corrugi con devandito sistema, a auga podía chegar á zona de explotación, e o proceso (Ruina Montium) comezaba. Este consistía nunha primeira Os materiais máis groseiros separábanse antes, dando lugar a grandes cúmulos de cantos rodados.

Os materiais máis finos eran levados polas canles de evacuación cara ás colas de lavado. Estas estaban cubertas con toxo, que debido á súa aspereza é capaz de reter o ouro. Unha vez que o toxo cumpría o seu labor, queimábase nunha zona de céspede onde quedaría o ouro.

O resultado final de todo isto foi a creación dun gran sistema de galerías nas entrañas da montaña. Pero As Médulas non só se utilizou o sistema do ruína montium para a extracción de ouro, senón que nalgunhas zonas utilizáronse sistemas de arrastre. Estes simplemente consistían en soltar a auga dos encoros, erosionando coa súa forza os materiais, e partir de aquí seguían o proceso arriba citado.

flammarum misit dives Callaecia pubem,

barbara nunc patriis ululantem carmina linguis,

nunc pedis alterno percussa verbere terra,

ad numerum resonas gaudentem plaudere caetras

Obras de inxeniería máis importantes

    • Construcción dunha rede hidráulica de captación, traída e almacenamento de auga. É dicir, unha rede de canais para o transporte da auga a partir do lugar de captación ata a cima da explotación, xa que a auga é un elemento básico para o arranque, arrastre e lavado da masa que se vai a explotar. A auga cáptase en ríos e manantiais e condúcese por canles corrugi. Para iso os romanos tiveron que resolver os problemas expostos pola orografía e poder manter un perfecto nivel da pendente da condución da auga, mediante a construción de túneles, canles cortadas na roca e a realización de obras de fábrica. A auga, unha vez captada, é conducida polas canles á cima da explotación e almacenada nunha especie de estanque que recibe o nome latino de stagma.

    • "Extracción do mineral". Para cada tipo de xacemento utilízase unha técnica distinta. Nos xacementos primarios, nas "explotacións ao descuberto", utilizouse un sistema mixto de fume e auga. Quentábase a roca con material combustible e botábase sobre ela a auga almacenada encima da mina que, con arrefriado repentino, se cuarteaba e ao seguir; con cuñas e mazos, desfacíase a roca.

    • Na "explotación de galería" utilízase fundamentalmente a forza humana, escavando con pico e cuñas unha galería, seguindo vétaa aurífera. Similar a esta é a técnica de "explotación do pozo", xa que a única diferenza é que a veta non se segue en horizontal senón en vertical.

    • En xacementos secundarios, os sistemas utilizados para a extracción do ouro son varios: o "sistema peite", que se utiliza en terrazas aluviales. A auga recollida nos ríos era conducida e almacenada en grandes depósitos, para logo ser lanzada a través dunhas canles, dos que saían unha serie de surcos controlados por comportas e que na parte inferior xuntábanse formando unha única canle onde se realizaría o labor de decantación do ouro.

    • O sistema máis coñecido é o da Ruina montium, descrito por Plinio. Consiste na construción dunha serie de galerías subterráneas. Ao seguir sóltase a auga almacenada nos estanques da parte superior da explotación, a través das galerías. A forza que trae a auga erosiona as paredes producindo o derrubamento do monte. Ao seguir continúase guindando auga sobre a masa abatida para conducila á zona de lavadoiros.

    • Outros sistemas menos importantes son o de "coroas" e o de "cunchas de erosión", así como o bateado das areas dos ríos, aínda que este último non ten nada que ver co que entendemos por enxeñería romana, xa que é un proceso manual.

As distintas explotacións mineiras auríferas distribúense por conventus iuridici

    • Conventus Bracarensis: explotáronse, en Galicia, minas de ouro nas concas do río Avia, sobre todo na zona do Carballiño. Tamén destacan as de a cabeceira do Arnoia e do seu afluente o Tioira, entre as que salienta a explotación dos Milagros do Monte Medo (Maceda). Tamén houbo explotacións na conca de Limia e na conca hidrográfica baixa do Miño.

    • A maior concentración de minas de ouro pódese atopar no occidente do conventus Lucensis, con explotacións nas concas dos ríos Eo, Masma, Cabe, Saa; na conca alta do Navia e, sobre todo, na conca media do río Sil, cuyo afluínte, o río Lor, está rodeado de explotacións mineiras entre as que salientan a Mina da Touca e a Mina do Torubio, no Courel.

    • No conventus Asturicensis atopamos mineiría aurífera nas concas do río Sil, en Valdeorras e no río Bibei, e salienta tamén a explotación das Borreas de Caldesiños en Viana do Bolo.

As explotacións mineiras eran controladas polo exército, sobre todo nos primeiros tempos, e posteriormente, tamén por cargos da administración que exercían o control técnico e administrativo.

O soporte de enxeñería e tecnolóxico para estas explotacións proporcionaríao esa man de obra cualificada administrativo-militar. Estes asentábanse nos grandes centros urbanos ou nos asentamentos próximos ás minas. A man de obra non cualificada que traballaba nestas minas era esencialmente indíxena e, polo tanto, na maioría dos casos, libre e non escrava.

A etapa destas explotacións comprende aproximadamente os dous primeiros séculos de nosa era. A súa aparición e desaparición está relacionada co funcionamento do sistema monetario romano baseado no bimetalismo ouro e prata, que facía entón necesaria a explotación destes metais.

Hoxe en día sábese que as minas do norte, alomenos, eran traballadas por homes libres, a maior parte peregrinos, que vivían coas súas familias nos castros próximos.

A maior parte dos excedentes económicos de estas explotacións estaban dirixidos ó tesouro do emperador, inda que outra parte era destinada ó tesouro dos dirixentes locais, que o podían invertir en edificios e construccións, ou ben deixalos inmovibles no tesouro local da cidade. O mineral máis explotado foi o do ouro, pero tamén se extraeron zinc, cobre, chumbo, prata e maioritariamente estaño. As minas máis importantes de Galicia eran as de Covas-Moeche e Monteneme na Coruña, Fornaza en Lugo e Outeiro de Baltar en Ourense. Existían moitas máis, pero teñen menor relevancia.

Hispania durante a romanización

As principais zonas de explotación durante o primeiro milenio antes de Cristo eran o de Cartago Nova e o de Cástulo. En Cartago Nova extráiase prata e plomo. En Cástulo destacaba a mina do Centenillo. O cobre extraíase do río Tinto, o plomo do sur e suroeste, o estaño da Gallaecia e o ferro das terras vascas e cántabras.

As explotacións podían estar administradas polo estado romano ou arrendadas a particulares. Nas minas traballaban sobretodo esclavos e presos cunhas condicións moi duras, tamén homes libres.

Plinio: Procurator Metallorum

Caio Plinio Segundo, conocido como Plinio o Vello, foi o mellor naturalista romano. Naceu en Novum Comum, pero posteriormente trasladouse a Roma. Entre os anos 70 e 72, co emperador Vespasiano, foi nombrado Procurator Metallorum, é dicir o recaudador de impostos imperiais no norte de Hispania. O seu libro de Historia Natural consta de 37 volúmenes e é o único que se conserva actualmente. A enciclopedia trata a Astronomía, Xeografía, Etnoloxía, Antropoloxía, Anatomía, Zooloxía, Botánica, Horticultura, Medicina e medicamentos naturais, Mineraloxía e Metalurxia, Belas Artes e historia da Arte. A importancia desta enciclopedia reside na enorme cantidade de información que ofrece sobre a época de Plinio e a vida cotidiana de Roma, incluso describe as diferentes técnicas para obter ouro. Plinio Conoceu as Médulas durante o seu mandato político e probablemente vivíu cerca de elas.

Xacementos e pervivencia de explotacións minerais en Galicia

A tecnoloxía mineira romana é unha herdanza grega.

Existen, actualmente, restos de antigas minas de ouro e ferro que poden visitarse en lugares galegos como no Courel (Lugo).

Os romanos descubriron o xacemento aurífero das Médulas remontando a conca do Sil, ao largo de cuxo recorrido desde a zona de Quiroga (Lugo) existen numerosas minas de ouro romanas, entre as que destacan as de Montefurado (Lugo), Córgomo e A Medua (Ourense).

Tamén se conservan, e con motivo de admiración, as construccións de grandes obras de inxeniería, como por exemplo As Borreas de Caldesiños en Viana do Bolo (Ourense) e as minas da Touca e Torubio, no Courel, situado en Lugo.

* Imaxe | Revista de la historia

A explotación das medulas foi un dos primeiros atentados contra o medio ambiente, aínda que supuxo unha gran fonte de riqueza para o Imperio. Explotadas desde fins do século I a.C. e incluídas entón na Tarraconensis, desde o 74 d.C. vixiábaas a Lexión VII, estacionada na León. Durante os dous séculos e medio en que foron explotadas por Roma, esta extraeu dela preto de 800 t. de ouro.

Os seus picos de cor ocre avermellado sobresaen entre a verde vexetación composta fundamentalmente por castiñeiros, matas de carballo e brezos. As ruínas do antigo asentamento romano das Pedreiras de Lago, a beiras do lago de Carucedo, reflicten o modo de vida dos seus poboadores durante a explotación desta mina (séculos I e II d.C.).

Areas auríferas do Sil

A explotación das areas auríferas dos ríos galegos, especialmente o Sil, continuou na Idade do Ferro céltico, cuxos castros proporcionaron numerosos torques de ouro macizo. Ata entón, o sistema de explotación consistía en lavar as areas en cestos de vimbia ou en peroles de madeira. Testemuño diso dá o geógrafo grego Estrabón, que di que no noroeste o chan presentaba afloramentos de prata, estaño e ouro branco. E que os ríos arrastrabas estas areas, sendo recollidas polas mulleres, que as amasaban e lavábanas en tamices tecidos en forma de cesta.

Pero é na época romana cando a explotación do ouro de Gallaecia transfórmase nunha empresa xigantesca. Esta activa explotación é encomiada por Estrabón, Plinio, Floro, Silio Itálico, Lucano, Marcial, Justino e Claudiano. Ata o punto de que Marcial, sempre que fala de ouro, cita Gallaecia ou Astúrica. O metal explotado procedía xa de filóns ou bolsadas, de conglomerados diluvianos, e excepcionalmente das areas dos ríos.

Ouro na Galicia actual. As aureanas.

Actualmente aínda se pode atopar ouro en Galicia, pero o problema é saber se os gastos de explotación compensan o produto obtido. A pesar diso, ao longo dos anos volveuse a reincidir en que ten que quedar algo dese ouro extraído polos romanos:

    • En 1970, unha empresa de Eduardo Barreiro fixo diversas investigacións nunha zona xa explotada por romanos: Brués, preto de Carballiño. Esta, con axuda da Xunta de Enerxía Nuclear, atopou unha veta de ouro nun monte próximo a un río e cerca do lugar onde se realizou a investigación.

    • En 1974, formouse Gold Fields Española S. A., unha empresa para estudar a rendibilidade de continuar as explotacións en lugares como Corcoesto e Carballiño.

    • En 1985, a febre do ouro de Estados Unidos fixo que alí se publicase un artigo sobre os americanos que viñan investigar en concas auríferas, entre as que aparecía o Sil.

    • Fai anos, estiveron a piques de porse en marcha dúas minas de ouro en Noia e Carballiño. Pero, ademais de ter que realizar posteriormente numerosas mostras, creuse que non sería rendible. Porque ademais de que en toneladas de terra só se obteñen uns gramos de ouro, en Galicia habería que limpar o metal de sulfuros aos que aquí aparece unido. O que sería un custoso proceso que non compensaría.

Nalgunhas comarcas aínda existen as tradicionais aureanas, mulleres que se dedican a peneirar a area dos ríos galegos. Era oficio característico da parroquia de Seadur (Larouco) e doutros concellos como O Barco de Valedoras, Petín e Queiroga. As aureanas tamén son chamadas sileuras, e a comezos do s. XIX aínda lles era rendible.

Ademais, ata fai poucos anos dedicábanse a iso as mulleres de San Clodio, e en xeral as aureanas e oureiras do Sil e afluentes. Así como mulleres e nenos que lavaban os aluvións de casiterita (óxido de estaño) con ouro en Xirasca, Pesqueira e o Viso.