Museo de Ourense

Escolma de escultura romana. San Francisco, Ourense.

Como explica na súa páxina, "o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense encóntrase inmerso nunha ampla reforma que afecta ó edificio no que ten a súa sede, o primitivo pazo do bispo de Ourense, sito na Praza Maior da Cidade. As obras obrigan a manter pechado ó público os espazos expositivos e a ter nun emprazamento provisorio o resto dos servizos do Museo, en tanto non se recupera como unha totalidade o edificio (...) Para encher ese baleiro temporal da presenza pública das coleccións do Museo optamos por presentar esta escolma das coleccións, con eixo nas series de escultura, que ofrecían meirande representatividade dos fondos do Museo (...)" Por outra banda lemos na web da Consellería con data de 31/01/2013 que "representantes da Consellería de Cultura e Educación reuníronse esta mesma semana co subdirector de Museos do Ministerio de Cultura para dentro das posibilidades económicas actuais, poder reabrir o Museo Arqueolóxico de Ourense canto antes. Traballase coa previsión de que o Ministerio de Educación e Cultura convoque, no menor prazo de tempo posible, o concurso de ideas do proxecto arquitectónico. Unha vez rematado poderán iniciarse as obras (...)". Así as cousas, o equipo de Dives Gallaecia 2012 visitou recentemente a sala de exposicións de San Francisco en Ourense, sede de ese "emprazamento provisorio" que alberga as pezas máis salientables (aínda que non todas) da colección do museo. Quero destacar nestas liñas a atención do seu director, Xulio Rodríguez González, que mesmo nos abriu as dependencias pechadas do Museo na Praza Maior para fotografar as aras alí conservadas. Unha mágoa que a falta de luz estragase as imaxes. Tamén quero chamar a atención sobre o traballo que a xente do museo realiza na súa web, en especial sobre a sección chamada "A peza do mes", onde se analizan as pezas das coleccións coa fin de "profundizar no seu coñecemento histórico, artístico e material". E levan facéndoo dende 1999! Cada peza acompaña unha imaxe e un documento en *.pdf descargable.

Neste vídeo, outro máis na nosa galería, facemos un percorrido polas escolma de San Francisco. Moitas pezas dignas de interese, descritas todas nesta galería de Flickr: a aguia de Rubiás, o cabaliño de Santomé, a estatua de Dionysos e Ampelos, a estatuiña de Mercurio, as ás de Baños de Molgas, ofragmento de Estatua romana...

Museo arqueolóxico de Ourense from Dives Gallaecia on Vimeo.

Sedente

Os sedentes S. I d.C, son a plasmación plástica das inquedanzas, anhelos ou medos do home galaico-romano ante a morte ou a divinidade e, sen dúbida, representan unha das manifestacións máis interesantes da escultura do Noroeste peninsular.

Máis información

Torso masculino

Encontrámonos ante unha peza singular do S.I a.C., vinculable ó icono coñecido como “guerreiro galaico”, pero cunhas peculiaridades que o afastan do modelo, para formular incógnitas diversas en canto a súa adscrición e significado.

Un exemplo máis dunha das manifestacións máis singulares e atractivas do mundo galaico-romano: a plástica en pedra, da que os guerreiros xunto cos sedentes son as imaxes máis representativas, e cuxa área de expansión é exclusivamente o convento xurídico bracarense.

O "torso masculino" carece dun contexto arqueolóxico definido. Trátase dunha escultura de vulto redondo, realizada nun bloque de granito, que representa un torso de pequeno tamaño dunha figura masculina. As importantes mutilacións con que chegou a nós esta peza, así como a forte erosión que presenta dificultan en gran maneira a precisión de moitos dos seus detalles.

Máis información

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Guerreiro de Allariz

Guerreiro do conxunto arqueolóxico da cidá de Armea, Allariz (ourense), do S. I a.C. no que se poden distinguir claramente os atributos iconográficos propios da figura dun guerreiro. Característico da cultura castrexa Galaico-portuguesa.

Ten as características iconográficas de tódalas estatuas de guerreiros galaicas: figura ergueita cos brazos achegados ó corpo (malia que o esquerdo está mutilado xusto por debaixo dos brazaletes), a man dereita repousa nun escudo ou caetra, redondo e sen sinais de inscripcións nin ornamentacións, mentres que sostén unha espada de folla ancha e alongada.

Leva unha coiraza, da que desapareceron os bicos superiores e unha liña vertical moi esvaecida percorre e marca o centro do peito e as costas. O cinto está formado por dous baquetóns ou toros lisos.

Máis información

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Guerreiro Castrexo

O xacemento castrexo de Rubiás, na parroquia de Santiago de Cadós, está situado sobre un típico espolón de media ladeira defendido polo norte por un valo que cae sobre o río Cadós, afluente do Limia . É do S. I d.C.

Encontrámonos ante unha cabeza moi ben executada que dá a impresión, nunha primeira lectura, de estar feita a partires dunha mascarilla funeraría, o

que lle proporciona un certo aire cadavérico. Os ollos son grandes e amendoados pero sen sinalar as pupilas, o nariz prominente e ancha na súa base, foi restaurado na punta despois do seu ingreso no museo. A boca pechada ten os labios apenas perfilados e debuxa un rictus de melancólica ironía.

Máis información

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Aguia de Rubiás

A súa orixe debemos buscala no campamento auxiliar de portoquintela / Aquae Querquennae, 69-79 d.C (concello de Bande, ourense) que, segundo as últimas investigacións, estivo ocupado por unha cohors III, dependente da legio VII Gemina acantonada en León.

A peza representa unha aguia coas ás estendidas e a cabeza, xirada cara a súa esquerda, posúe un pico longo e curvo, na parte inferior as patas encóntranse unidas de maneira que deixan un orificio circular.

Formaría parte dun estandarte do exército romano, de comezos da época flavia ata a conclusión do reinado de Adriano.

Máis información

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Estatua romana

Procede do interesante complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis. S. I a.C.

O conxunto está conformado por doce fragmentos de bronce dunha estatua de tamaño natural correspondente a un emperador. O fragmento máis representativo corresponde á parte anterior da cabeza, entre a fronte e a boca, con practicamente a totalidade do nariz e o ollo dereito.

Os restos da estatua de Aquis Qverquennis poden perfectamente pertencer a algún emperador, en tamaño natural ou maior co natural.

Resulta de gran interese o lugar do achado, no interior da cisterna dun patio rectangular que separa dúas aliñacións afrontadas de habitacións correspondentes ao número dos strigia ou barracón do campamento romano no que se aloxaban os soldados.

Máis información

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Ás

Estas ás son do século I-II d.C, atopadas en San Salvador de Baños de Molgas, Ourense.

Están feitas de bronce.

Máis información.

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Placa de cinto

Esta singular peza de bronce que formaba parte dos cintos dos militares romanos, cingula militiae, era unha peza importante do uniforme militar ata o extremo de que o nome chegou a designar ó servizo militar mesmo.

Esta peza destaca pola súa singularidade e beleza. Está realizada a molde presentando un relevo de certo volume coa figura dun cabalo ó paso. A placa articularíase coa fibela, mediante bisagras e iría unida a una correa de coiro por medio de dous botóns.

Este tipo de representacións non son extrañas, xa que o feito de facer un cabalo era común, por que este significaba poder e forza.

A tese tradicional vinculou estes cintos cun grupo de guerreiros na fronteira do Rhin, pero aínda quedan un gran número de incógnitas por resolver dos personaxes que usaron estes cintos.

Máis información

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Phalera

Esta peza foi atopada por casualidade por uns cazadores na muralla interior da Cidá do Castro de San Millán. Trátase dun castro peculiar, onde destaca o seu sistema defensivo.

A peza é rectangular, de bronce, con catro argolas circulares nos ángulos, unidas entre sí por catro pares de arquiños en forma de ferradura que servían para pasar as correas.

Eran parte das gornicións dos cabalos, ou ben como simples motivos decorativos ou servindo como peza de unión das correas que formaban os arreos. Outra das súas funcións era servir como condecoramento ós militares.

Esta peza debe de datar sobre o século IV d.C.

Máis información

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Tábula de castromao

Esta peza foi descuverta polas escavacións que en 1970 realizou o museo provincial de Ourense.

A tabula 885 a.C, é unha placa rectangular de bronce, con un marco moldurado e cun apéndice a modo de lingüeta no borde superior, na que se recolle un pacto de hospitalidade entre os coelementos e un prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos nun texto epigráfico.

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

* Imaxe de IESMGB en Flickr

Máis información

* Imaxe de IESMGB en Flickr

Dionysos Ampelos

Este personaxe coñecido como Dionisyos foi identificado en Roma.

O grupo escultórico aquí representado fórmano dúas figuras, núas, masculinas.

A figura de Dionysos describe no seu contorno unha lixeira "S" que nos motra un suave ritmo de liñas, cheas de sensualidade.

Máis información.

Mercurio

Entre os cultos que penetraron en Roma era o culto que se desenvolvía ó redor de estas figuras, os Lares S. II-IV d.C., espíritu dos antepasados que velaban polos seus sucesores.

Estas figuras, como a de Mercurio, colocábanse nun pequeno burato da parede.

Os actos de culto consistían en "libacións" e tamén en ofrendas de animais (como galos, coellos e coredeiros) e o que facía estes ritos era o cabeza de familia pater familias.

O éxito de estes cultos fai que as primitivas figuras de barro fose substituídas por novas figuras feitas, xeralmente, de metal.

Dito culto facíase en toda a Península.

Máis información

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr

*imaxe de DivesGallaecia en Flickr