A conquista

As primeiras expedicións

Gallaecia foi unha provincia romana, situada no noroeste da península Ibérica que abranguía os territorios da comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de León, Zamora e Asturias. As súas capitais eran Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

O nome de Gallaecia foi dado polos romanos, que proven dos callaeci, un conxunto de pobos celtas que vivían entre o Douro e o Miño.

DÉCIMO XUNIO BRUTO

Os romanos coñeceron por primeira vez Gallaecia e ós pobos ca habitaban, coa chegada de Décimo Xunio Bruto ao norte do río Douro no 137 a. C., o cal recibiu o sobrenome de Callaecus. Continuou a súa expedición caro o norte sometendo aos pobos castrexos, ata chegar ao río Limia, considerado o Lethes “o río do esquecemento” (oblivionisflumen).

Despois hai outros ríos e logo destes o Lethes, que uns chaman Limia e outros Belión. E este río vén do país dos celtíberos e vacceos e o Bainis (que outros chaman Minio) segue a este e é o máis grande dos ríos de Lusitania, navegable 800 estadios. Pero Posidonio di que este río vén dos cántabros. Na súa desembocadura hai unha illa e dous peiraos que teñen fondeadoiros. Este río foi o límite da expedición de Bruto. Máis aló hai outros moitos ríos paralelos ós nomeados(Estrabón III 3,4).

Recibe o nome de “o río do esquecemento“ por mor da expedición levada a cabo por celtas e túrdulos que, despois de cruzalo, perden ó seu xefe, caen en revoltas e espallanse: os túrdulos preto do Douro e os celtas preto de Ártabro.

“Os célticos e túrdulos que facían unha expedición militar rebeláronse tralo paso do río Limia. Engádese a esta rebelión tamén a perda do seu xefe e que quedaron alí dispersos. Por iso o río chamarase Lethes (Estrabón III, 3, 5)“.

Os soldados romanos negáronse a atravesalo, entón Xunio Bruto cruzouno e dende a outra beira do río chamou a cada soldado polo seu nome; con isto consigueu vencer a superstición e continuar ca expedición ata o río Miño, onde se detén nas costas oceánicas, contemplando o solpor do extremo mundo e atemorizado por esa imaxe sacrílega decide dar marcha atrás; isto vai a supoñer o primeiro contacto con terra descoñecida, enlazado co mundo do mito.

Décimo Bruto, percorrida toda a costa do Océano co

"Despois hai outros ríos e logo destes o Lethes, que uns chaman Limia e outros Belión. E este río vén do país dos celtíberos e vacceos e o Bannis (que outros chaman Minio) segue a este e é o máis grande dos ríos de Lusitania, navegable 800 estadios. Pero Posodio di que este río vén dos cántabros. Na súa desembocadura hai unha illa e dous peiraos que teñen fondeadoiros (...) Este río foi o límite da expedición de Bruto. Máis aló hai outros moitos ríos paralelos ós nomeados. (Estrabón, III, 3, 4)".

*Imaxe de divesgallaecia en flickr.

mo vencedor, un pouco máis aló dos célticos e lusitanos e os pobos de toda Gallaecia, e o río do esquecemento, pánico dos soldados, non retirou os seus estandartes antes de descubrir, non sen certo medo e horror de sacrilexio, o sol que cae no mar e o lume xurdido da auga (Floro I, 3, 12)“.A expedición de Xunio Bruto non tiña como fin conseguir riquezas, senón que levouna a cabo como castigo contra este pobo, pois dedicábase a realizar incursións bélicas e de saqueo na área lusitana. O territorio costeiro entre o Douro e o Miño quedou explorado e sometido ao control romano. Ademais, a partir de agora inícianse os intercambios comerciais directamente con Roma e non a través de intermediarios como podían ser os púnicos.

Ó longo do século I foise establecendo un comercio que cobrou especial interese, de Roma co noroeste, coa expedición do procónsul Ulterior Publio Craso (96-94 a.C) que ía en busca das illas Cassitérides e as súas minas de estaño. Segundo Estrabón, este seguiría a un comerciante fenicio que embarrancaría para non revelar a ruta, xa que para os fenicios a situación exacta das illas Cassitérides era un segredo de enorme valor militar e político, que trataron de manter oculto por todos os medios. A tal efecto fixeron circular o conto de que estaban alén de mares embravecidos poboados de monstros terroríficos. Eran as Cassitérides unhas illas mitolóxicas, riquísimas en estaño, o recurso estratéxico máis importante da época. Da aliaxe co cobre obtíñase o bronce, o metal do que se facían as armas máis poderosas da época.

Os xacementos de estaño non só son comúns en Galicia senón tamén na Bretaña francesa e en Cornualles, no extremo suroccidental do Reino Unido. Curiosamente, os tres lugares estiveron unidos na época na que se formaron as intrusións, aínda que miles de anos despois foron separándose ante as tremendas forzas tectónicas de apertura do océano Atlántico ata chegar á súa posición actual. Á vista dos datos xeolóxicos, poida que as illas Cassitérides non fosen un lugar real senón unha invención, que se correspondería cos xacementos metálicos destas tres rexións, afastadas entre si, pero que formaban parte da ruta comercial dos fenicios. Hai quen cree que estas illas foron as illas Cíes, como pensa Heródoto, ben as Ons, ou algunha outra illa galega.

* Mapa das expedicións na Gallaecia que fan Xulio César, Xunio Bruto e Publio Craso

Con anterioridade ás Guerras Cántabras, seguen as expedicións e os contactos de Roma co noroeste peninsular. Así, no ano 74 a.C., o xeneral sertoriano Perpenna realiza operacións contra os galaicos. O mesmo fai Fabio Máximo, legado de César no 47-46 a.C. Todas estas operacións, tanto militares coma comerciais, posiblemente facilitan a entrada na órbita romana de zonas costeiras occidentais e a área meridional de Galicia. A conquista definitiva do noroeste da península conseguiráa o emperador Augusto entre o 29 e o 19 a. C. no contexto das guerras cántabras.

PERPENNA E FABIO MÁXIMO:

Xulio César realiza unha expedición no ano 61a.C en busca dun botín para poder pagarlle ós seus acredores en Roma. Antes de chegar a Galicia vence ós lusitanos no Mons Herminius, no cenro de Portugal. Alí vence a uns rebeldes que se esconderon nunha illa, coa axuda duunha flota chegada de Cádiz, mandada pola familia dos Balbos. Dende Brigantium (A Coruña) deixa a trás Galicia, utilizando a cidade flota e deixando aberta unha ruta comercial principalmente costeira. Chega ao golfo Ártabro (rías de Betanzos, Ferrol e A Coruña); Xulio César desenvolve unha razzia costeira con varios desembar cos e áxiles irrupcions, co único obxectivo de encontrar o botín.A conquista de Xulio César foi principalmente comercial, depredatoria e sen o interese de ocupar e dobregar ningún territorio. Esta expedición tivo importantes efectos como ampliar os contactos con Roma e establecer unha rede de relacións co mundo castrexo, á vez que se conseguían coñecementos xeográficos que serían útiles para a apertura de novas rutas comerciais, e o mellor coñecemento do terreo. Todo isto facilitaría no futuro unha mellor intervención militar romana nas Guerras Cántabras. A falta de resistencia ante esta expedición permitiulle a César explorar as riquezas minerais, especialmente o ouro, que xa tiñan fama en todo occidente, e era unha mostra de que a influencia romana estaba presente dende Craso. *Imaxe de Xulio César da wikipedia.

Cara o final do vídeo podemos ver como os castrexos seguiron vivindo nos castros uns 5 séculos despois de que quedasen baixo dominio romano, tamén nos conta os tipos de castros que hai, etc.

Pero realmente a derrota definitiva dos galaicos prodúcese no Monte Medulio no 26 a.C; o ataque romano foi rodear nun foxo ós galaicos, que ao vérense nunha derrota rotunda, prefiriron suicidarse e non morrer a mans dos romanos.

Os romanos colleron a varios galaicos, entre eles ao protagonista deste vídeo, para facelos traballar nunha gran mina de ouro, alí onde a terra era de cor vermella, estou a falar das coñecidas Médulas, no Bierzo.

No vídeo tamén se nos describe como Roma iniciou a conquista dos galaicos, primeiro enviou un exército ó mando de Décimo Xunio Bruto no ano 137 a.C e logo de que os romanos foran sometendo a pobos e a tribus sen apenas resistencia, chegaron ó norte do río Douro, alí os galaicos enfrontáronse e opuxéronse ás lexións romanas.

*Imaxe do blog Corazón de León

Vídeo sobre a conquista de Gallaecia

O vídeo narra a chegada dos romanos a Galicia, e os motivo polos que viñan. Eran máis ca nada motivos económicos, xa que como din no vídeo, os castros séguense mantendo, o que quere dicir que os romanos non tiñan como obxetivo en mente romanizarnos, ainda que logo isto sucedera.

O vídeo tamén nos presenta ó principio o modo de vida dos castrexos e como contruían os castros, de grande altura para poder facer lume dentro, co obxectivo de quentarse ou de cociñar, sen que se lle queimasen as pallas do teito.