Comezamos

Data de publicación: Feb 16, 2011 5:30:50 PM

Nace unha nova web no MGB, Dives Gallaecia 2012. Nela intentaremos recoller toda a información que precisamos para elaborar un documental audiovisual sobre a romanización de Galicia.O título, Dives Gallaecia, fai referencia á sona que tiña a nosa terra entre os romanos como sinónimo de riqueza e abundancia, sobre todo en recursos mineiros, en ouro, en prata e en estaño. O ano, 2012, sería a data en que pensamos rematar este traballo.Soánche de algo as illas Cassitérides? o monte Medulio? o río do esquencemento?Sabes cales son os principais restos arqueolóxicos do mundo romano que conservamos na nosa terra?Coñeces as pezas máis importantes de época romana que gardan os nosos museos?De todo isto e algo máis falaremos nestas páxinas.Comezamos.