Castro de Viladonga

Introdución

O Castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localizase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar dende o que se domina visualmente gran parte dá chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Tratarse dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que dende o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Imaxe da Galipedia.

Museo

A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións aquí feitas desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos no seu propio contexto, fixeron que en 1983 o Ministerio de Cultura crease o MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA, nun edificio que fora construído nos anos setenta. O seu acondicionamento, instalación e montaxe tivo lugar en 1985-1986, e o Museo abriu ó público en novembro deste último ano. A partir de 1990 a súa xestión quedou transferida á Xunta de Galicia. Entre 1992 e 1994 fixéronse unhas importantes obras de reforma e ampliación coa construción dun novo edificio a continuación do xa existente, coa subseguinte dotación, nos anos posteriores, da infraestrutura e do persoal necesario para o desenvolvemento de todas as súas funcións museísticas e patrimoniais, ligadas ó propio xacemento castrexo e galaico-romano.

O Museo do Castro de Viladonga ten que cumprir as funcións conservadora, científica, didáctica e comunicadora que corresponden a este tipo de entidades. De cara ó público, estrutúrase en catro salas.

Na primeira sala podemos encontrar diferentes vitrinas como esta:

Imaxe collida da web do museo.

A segunda sala amosa aspectos relacionados co medio natural no que se insire o xacemento; informa sobre un posible nivel prerromano do Castro e explica a disposición e tipo de defensas, a organización do poboado e os diversos tipos de construcións e os seus elementos. Poden verse materiais como pedras de gonzo, pesas de colmo, tellas, etc. Todo isto exponse, como en todas as salas, por medio de vitrinas e paneis informativos, para facilitar a boa comprensión da ocupación do espazo no Castro e todo o relacionado coas súas construcións. Esta Sala compleméntase cunha maqueta que reconstrúe un dos conxuntos de casas máis característicos do xacemento.

Imaxe collida da páxina web do museo.

A terceira sala dedícase ós elementos da vida común e da cultura material no Castro de Viladonga e, por extensión, na Cultura Castrexa e Galaico-romana: útiles e ferramentas de pedra, bronce e ferro, materiais domésticos como o vidro e, sobre todo, a cerámica castrexa e romana (e dentro desta a común, de cociña e de mesa e a terra sigillata), muíños manuais, armas e outros obxectos e instrumentos diversos. Nesta Sala atópase unha gran maqueta que reconstrúe o poboado castrexo no seu conxunto.

Imaxe collida da páxina web do museo.

A cuarta sala mostra os obxectos de adorno e adobío para persoas e cabalerías, xoias e aderezos, moedas (de ouro, prata e, sobre todo, de bronce), xogos, amuletos e outros materiais de diferente feitura e usos. Nesta última sala, unha maqueta-vídeo recrea diversas escenas da vida cotiá no Castro de Viladonga.

Imaxe collida da páxina web do museo.