Ponte Navea

A actual ponte sobre o río Navea, situada preto da poboación de Pobra de Trives en Ourense, é o resultado dunha construción medieval reaproveitando unha obra anterior, aínda que a fábrica romana é recoñecible en moitos aspectos (estrivos, aparello construtivo, etc). A primitiva ponte sería moito máis ancha que a medieval (7,60 metros fronte aos 3,60 actuais) e tamén variaría a sua estrutura na que poderían existir dous arcos. A vía romana (Via Nova ou Via XVIII segundo o itinerario antonino) descendía dende o Alto da Cerdeira ata este lugar, onde atravesaba o río Navea e onde se atoparon multitude de restos romanos. Entre eles cóntase o Miliario de Tito e Domiciano, coa inscriciónIMP . TITO CAES . DIVI

VESP . FIL VESPASIANO

AVG . PONT . MAX . TRIB

----------------

POT . VIII . IMP XVI P.P.

----------------

COS VIII.

CAES .DIVI . VESP . FIL . DOMITIANO

COS. VIII VIANOVA. AB . ASTURICA

C . CALP . RANT . QUIRINALE

VALFESTO . LEG . AVG . P.P.

M.P.

* Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Tamén contamos con dúas lápidas votivas adicadas a Aelio Sporo e a Popilius Hirsutus.