Prince anuncia o seu novo disco "Plectrum Electrum"

Data de publicación: Oct 02, 2014 3:2:16 PM

PlectrumElectrum é o proxecto realizado coa súa banda 3rdeyegirl, composta por Donna Grantis (guitarra), Hannah Ford Welton (batería), Ida Nielsen (baixo) e gravado en directo e en analóxico. Trátase dun disco funk rock xa anunciado e promocionado dende fai un ano cun concerto sorpresa en Londres.

Neste vídeo podedes escoitar unha das cancións do disco.

PlectrumElectrum, é o novo disco de Prince, que está en venta dende o 29 de setembro.

O seu nome provén do latín plectrum, e da lugar á palabra "plectro" (do lat. plectrum, e este do gr. πλήκτρον) que significa púga; e a palabra electrum, que en latín significa "ámbar", "amarelo". Así pois o nome do disco significa "Púga amarela".