O noso primeiro vídeo: o festival de Lugo

Data de publicación: Jan 23, 2012 6:32:38 PM

Presentamos hoxe o noso primeiro vídeo, filmado e editado polos integrantes deste proxecto, alumnos e profesores do MGB.

Nel recollemos o festival de teatro grecolatino de Lugo organizado por SEECGalicia, que ano tras ano, dende o 2001, leva milleiros de estudantes dos centros de ensino de Galicia, León e Asturias, ata o auditorio Gustavo Freire da cidade das murallas.

O vídeo corresponde á edición 2011 do festival, á que acudiron 94 centros de Galicia, León e Asturias, o que sumou un total de 4.408 alumnos.

O día 14 de marzo foron representadas as seguintes obras, que son as que aparecen na película.

    • Edipo Rey de Sófocles, Grupo SV Producciones, Madrid

    • Cestita de Plauto, Grupo SV Producciones, Madrid