Via XVIII (Via Nova)

A vía Nova ou vía XVIII era unha calzada romana que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas, que serían uns 330 quilómetros (pero por un lixeiro fallo de cálculo en realidade son 318km). Este trazado e un dos que máis miliarios conserva de toda Europa.. Construída polo legado Caio Calpetanus Rantius Quirinalis Velerius Festus baixo mandato do emperador Vespasiano na segunda metade do seculo I D.C (entre os anos 79 e 80) con propósitos comerciais, e restaurada en tempos de Maximino o Tracio e o seu fillo Máximo (primeira metade do século III D.C). Via XVIII - Via Nova from Dives Gallaecia on Vimeo.

Itinerario

No itinerario de Antonino (século III D.C) recibía o nome de Vía XVIII.

    • Salaniana (Portela do Homem)

    • Aquis Originis (Baños de Río Caldo)

    • Aquis Querquennis (Baños de Bande)

    • Geminis (Sandiás)

    • Salientibus (Baños de Molgas)

    • Praesidio (O Burgo)

    • Nemetobriga (Mendoia)

    • Forum gigurrorum (A Cigarrosa, A Rúa)

    • Gemestario (O Robledo da Lastra)

    • Bergido (Castro da Ventosa, Cacabelos)

    • Interamnio Flavio (San Román de Bembibre)

Principais restos

* imaxes de DivesGallaecia en Flickr