Festival de teatro grecolatino Lugo 2011

Data de publicación: Mar 19, 2011 7:42:36 PM

Unha das seccións deste proxecto quere amosar como hoxe, despois de dous mil anos, a pegada de Roma segue presente entre nós.

O pasado luns estivemos no festival de teatro grecolatino Lugo 2011 organizado por SEECGalicia, a sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos.

Asistimos a dúas representacións. Pola mañá, Edipo Rei, de Sófocles, e pola tarde Cistellaria, unha comedia de Plauto. Ambas representadas polo grupo S.V. producciones, de Madrid, dirixido por Susana Verdú.

Estas son algunhas das sensacionais imaxes captadas por Miguel.