O latín na publicidade

Como exemplo, esta famosa frase dunha oda do poeta latino Horacio (I, 37, 1, que celebraba a morte de Cleopatra), no famoso cartel publicitario da firma Michelín: Nunc est bibendum (Agora é tempo de beber). Nunc, adverbio (agora) est bibendum: voz perifrástica que indica obrigación, "temos que beber", "hai que beber". Está formada pola 3ª persoa de singular do presente de indicativo do verbo sum e o participio de futuro pasivo neutro do verbo bibo.

* Imaxe, Wikipedia

Seguindo coa tradición publicitaria que xa atopamos nos graffiti de Pompeia, o latín volve empregarse nas estratexias publicitarias de hoxe en día. A irrupción desta lingua en novos contextos e a contaminatio que se produce coas linguas modernas coas que convive, suscita un novo interese nun público sempre disposto a deixarse sorprender.

O latín segue hoxe máis vivo que nunca nos textos publicitarios. Ben sexa na prensa escrita, nos spots televisivos e radiofónicos ou na rede, outorga ao produto anunciado un plus de prestixio e calidade que lle permite destacar no mare magnum da xungla da publicidade, como apunta Delio de Martino no seu artigo "El latín publicitario". Normalmente son palabras en nominativo, que enlazan directamente coas bondades ou cualidades intrínsecas do produto, pero tamén temos barbarismos (Fiat Ulysse), solecismos (Nil melior), aféreses (Asus por Pegasus), apofonías (Lexus por luxus), etc. Hai tamén mutación de latinismos célebres, como un "ecce Bimbo" (por ecce homo) ou nomes mixtos latín e inglés (Air Nostrum). Outros son adaptacións ou ecos de locucións latinas, como Astra (per aspera ad astra), acrónimos como Asics (Anima sana in corpore sano) ou frases célebres de personaxes destacados da Antigüidade como César ou Horacio (Nunc est Bibendum)

Audi - Oct 13, 2013 12:19:19 PM

Aquarius - Oct 13, 2013 4:54:2 PM

Fiat - Oct 14, 2013 3:46:11 PM

Nivea - Oct 14, 2013 4:37:51 PM

Magnum - Oct 14, 2013 5:8:16 PM

Sony - Oct 14, 2013 9:51:52 PM

Soleae - Oct 15, 2013 9:7:24 AM

Volvo - Oct 15, 2013 5:7:21 PM

Acer - Oct 15, 2013 6:15:34 PM

Velis Nolis - Feb 11, 2014 8:40:40 PM

Rubicon Exotic - Feb 12, 2014 3:53:0 PM

Orpheus - Feb 12, 2014 4:16:17 PM

Imaginarium - Feb 12, 2014 4:21:37 PM

Uterqüe - Feb 12, 2014 5:22:53 PM

Invictus - Feb 12, 2014 5:54:19 PM

Arcadia - Feb 12, 2014 7:26:38 PM

Papyrus - Feb 12, 2014 9:53:55 PM

Volkswagen Phaeton - Feb 13, 2014 8:21:44 AM