A edición de este ano 2013 celebrarase os días 14, 15 e 16 de xuño. Este ano o Arde Lucus engadirá á súa lista de actividades numerosas novidades, como a proxección dunha película que nos mostra a historia e a labor do exército romano (a cohors). O filme, chamado "O paso de Roma" foi xa estreada o pasado 30 de maio. Volverase celebrar o senado, pero nesta edición súmaselle unha representación dunha obra teatral de Aristófanes: "A Lisístrata" na que intervirán as Asamblearias, que aflixirán ós senadores coas súas preguntas. Este ano, ademáis, celebrouse en maio unha feira castrexo - romana, promovida polos hostaleiros e os veciños do barrio da Milagrosa, co fin de prepararse para a festa de recreación histórica máis grande de Galicia. A moeda conmemorativa, que se ven acuñando dende o ano pasado, será desta vez un As de bronce, unha homenaxe a Xano, o deus dos cambios e terá un valor de dous euros.
O Arde Lucus do ano 2012 (22, 23 e 24 de xuño) ofreceu numerosas novidades como a construcción dunha figura humana feita por todos aqueles que se queiron sumar, a opción dunhas 200 familias que puideron fabricar os seus propios traxes no Centrade, a realización de menús romanos, denominados Ars Magirica, dos días 8 a 22 nos bares de Lugo, e a máis importante, é a incorporación dun senado romano xa que foi unha institución fundamental na vida romana. Tamén o desconto do 25% nos billetes de autobús para acudir a festa.
Macellum.- Mercado artesanal de productos típicos da época, ademáis de que conta con espectáculos de maxia, desfiles... Sitúase na praza maior.
Castra.- Campamentos montados por conta propia, normalmente asociacións, que mostran a vestimenta e máis os obxetos da época.
Circus.- Ten lugar no parque Rosalía de Castro, con actividades do circo romano; pelexas de gladiadores, carreiras de cuádrigas...
Vodas celtas e romanas.- Consiste en celebrar vodas celtas ou romanas. No rito celta cásanse e poden renovar os votos cada ano. Se o fan durante sete anos o enlace considérase definitivo. O casamento romano é máis definitivo.
Teatro.- Represéntanse dendecomedias a os clásicos dramas, nas que moitas veces os viandantes pasan a formas parte da propia obra.
Queima da muralla.- Recréase o asedio a unha cidade romana, mais pese ao seu nome celébrase no xa mencionado Parque de Rosalía e non na muralla da cidade, contando coa participación de tódalas asociacións e múltiples voluntarios.
Comilonum.- Mesas colocadas arredor da muralla en forma de banquete.
Outras actividades.- As bacanais, a colocación de sentinelas nas portas da muralla, batallas entreceltas e romanos, espectáculos de maxia, desfiles coas caracterizacións, xogos romanos, pelexas de gladiadores, diferentes actividades para divulgar as tradiciónsceltas e romanas, cabalgatas, venda de escravos, vodas romanas, instrución militar romana en latín polas rúas da cidade, diferentes exhibicións ou os diferentes concertos.
Ademáis este ano o Centrad colaborará co concello de Lugo para confecionar os traxes.
Tír na nÓg.- O nome provén do irlandés a Terra dos Mozos, unha illa lendaria onde vivían seres como os Tuatha Dé Dannan. Organiza diversas actividades de animación e obradoiros, así como recreación histórica.
Terra Copora.- Adoita representar a comuñón entre as culturas romana e castrexa, tentando facer unha achega sobre o seu día a día.
Lugdunum. Asociación adicada principalmente a recrear a vida dos celtas.
Cohors III Lucensium. Dispón de socios por distintas localidades que reproducen a vida romana no país, así como dos diferentes pobos da diocese de Lucus Augusti.
Civitas Lucensis. O seu obxectivo é introducir aos nenos na historia de Lugo, tentando amosar a convivencia en harmonía entre as culturas castrexa e romana.
Caetra Lucensium. Asociación que recrea o mundo romano en Lucus Augusti do xeito máis fiel posible.
Cascos expostos no campamento
Cohors III Lucensium
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
Entrada no campamento
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
Cascos Militares
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
Moeda oficial do Arde Lucus 2011
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
Onager
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
*Imaxe de Divesgallaecia en Flickr