Villa de Cambre

A villa romana do Cambre é un sitio arqueolóxico localizada na villa do Cambre integrado na Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Por mor dunhas obras, atopáronse no ano 1998 os restos do que no tempo da Gallaecia romana foi unha villa rural que pode datarse entre os séculos II e IV.

Os restos que se atoparon nesta villa están recollidos no Museo Arqueolóxico de Cambre. Neste museo podemos atopar:

Balneum e latrinae no Museo Arqueolóxico de Cambre. Imaxe da Galipedia

Balneum no Museo Arqueolóxico de Cambre. Imaxe da Galipedia

    • Latrinae: tratábanse de elementos de uso colectivo. Baixo de cada ringleira de asentos había unha canle. Os residuos descorrían cara a outra canle feita de tixolos na que había unha arqueta de decantación para depurar as augas residuais.

    • Balneum: dedúcese que se trataría dunha estancia rectangular cuberta por unha bóveda de canón e unha cuberta a dúas augas con tellado composto por tellas (tegulae). Trátase dun frigidarium, é dicir, un baño frío. Á bañeira acédese mediante escaleiras recubertas por morteiro impermeabilizante de cascote de ladrillo (opus signinum). O morteiro recóbrese cunha capa de cal de cor branca co fin de acentuar a visión a través do reflexo da pintura de temas mariños cos que se decoraba a bóveda.