ASICS. O latín polo chan, literalmente.

Data de publicación: Oct 14, 2013 9:32:19 PM

Podemos poñer en duda o de que o

latín é unha lingua morta, xa que ademáis de ser a base das linguas romances que actualmente coñecemos (castelán, galego, sardo, rumano, portugués, italiano...) está presente nos medios de comunicación e como presentamos a continuación, témolo ata nas zapatillas. ASICS (Anima Sana In Corpore Sano) é unha empresa de material e roupa deportiva xaponesa fundada en 1949 en Kobe (Xapón) da man de Kihachiro Onitsuka baixo o nome de Onitsuka Tiger. Cando se fusionou Onitsuka Tiger con dous competidores, adquiriu o nome de ASICS, polo que é coñecida en todo o mundo. Temos que destacar que no ano 2010 era a quinta marca de calzado deportivo no mundo. ASICS (Un alma sá nun corpo sá) deriva do dito do poeta romano Xuvenal: Orandum est ut sit mens sana in corpore sano que significa "deberían orar para ter un alma sá nun corpo sá". Calquera pode negarse a aceptar que o latín segue vivo, pero debe ter coidado de non contradicirse levando unhas 'asics'.*Imaxe extraída da páxina web de Onitsuka Tiger.