O latín na música
Son moitas as formacións musicais ou cantantes solistas que elixiron o latín como lingua para algunhas das súas interpretacións e composicións. O heavy metal, as series de anime e videoxogos, a ópera, a música contemporánea, os himnos relixiosos, o folk metal, a canción lixeira, o bolero..., todos os xéneros musicais habidos e por haber teñen no latín un fiel aliado.
Estivemos investigando nas últimas semanas cos alumnos e alumnas de 4º de ESO (e algunha colaboración dende 1º de BAC), e isto foi o que atopamos:
Unha banda alemá de folk metal, In extremo, que pon música ao Omnia sol Temperat dos Carmina Burana
Outra banda alemá, esta vez catalogada como banda de Folk pagán, darkwave e música medieval: Faun, co seu tema Par Veneris.
Un compositor belga de música contemporánea, Nicholas Lens, coa primeira parte da súa Triloxía operística The Accacha Chonicles, que leva por título Flamma Flamma.
Unha cantante xaponesa de ópera, Kumiko Oguro, máis coñecida como Noma, e o seu tema Lilium, a canción de apertura da serie, Elfen Lied.
Un grupo dun instituto norteamericano con nome de tanque alemán, Panzer, co seu profesor de latín á fronte cantando a versión latina do himno de Deed Purple, Fumus in aqua.
Un grupo francés de Heavy Metal e de mitolóxico nome, Kronos, que lle pon letra en latín a unha festa de deuses, Party's Deorum (aínda que, inexplicablemente, leva o título en inglés), e interpreta con forza o seu tema Magica Europa.
Un himno relixioso, Adeste Fideles, xeralmente atribuído a John Francis Wade.
Un tenor, Arturo Escorza, que se atreve con "Solamente una vez" na lingua de Cicerón, ou sexa, Solum semel.
Outra cantante xaponesa, esta vez unha intérprete de cancións para videoxogos e series anime, Itou Kanako, e o seu latino Lamento.
Unha banda americana de Heavy Metal, Iced Earth, coas súas chamas sagradas, In Sacred Flames, unha especie de himno ritual satánico, como non, en latín. E para mostra, un non menos satánico botón...
Convocare, caelestis
Bestia, excidium
Hominum mortalis
Dies natalis, nefarius, detestari (...)
In extremo - Jan 29, 2014 5:20:58 PM
Faun - Feb 17, 2014 9:45:16 PM
Flamma Flamma - Feb 23, 2014 6:5:10 PM
Lilium - Feb 26, 2014 9:57:13 PM
Fumus in aqua - Mar 01, 2014 3:20:57 PM
Party’s Deorum - Mar 01, 2014 9:15:32 PM
Adeste Fideles - Mar 04, 2014 3:16:19 PM
Solum Semel - Mar 05, 2014 3:35:41 PM
Itou Kanako - Mar 05, 2014 3:58:10 PM
Kronos - Magica Europa - Mar 06, 2014 8:13:23 AM
Iced Earth- In Sacred Flames - Mar 07, 2014 8:26:13 PM
Prince anuncia o seu novo disco "Plectrum Electrum" - Oct 02, 2014 3:2:16 PM