Papyrus

Data de publicación: Feb 12, 2014 9:53:55 PM

Papyrus,i: "Papiro" é o nome que recibe o soporte de escritura elaborado a partir dunha planta acuática moi común no río Nilo, en Exipto, e nalgúns lugares da conca mediterránea. O Cyperus papyrus é unha planta nativa de África que na época antiga considerábase sagrada, esta planta e moi frecuente no delta do Nilo. Era utilizada principalmente na produción de papel no Antigo Exipto.

Os exipcios foron os que desenvolveron a técnica do papiro (2200 anos a. C.), unha especie de pergamiño e un dos máis vellos antepasados do papel.

Papyrus tamén da nome a varias empresas relacionadas co comercio do papel e as súas variantes, como por exemplo: www.papyrusonline.com/www.papyrus.com

Imaxe de Google Imaxe da páxina web Papyrus