Aquarius

Data de publicación: Oct 13, 2013 4:54:2 PM

O latín, pese a ser considerada unha lingua morta, segue a usarse hoxe en día en moitos lugares, como por exemplo na publicidade.Aquarius é a marca dunha bebida isotónica distribuída por Coca-Cola. A palabra Aquarius toma o seu nome da palabra latina da primeira declinación aqua (Aqua, ae; caso nominativo; femenino, singular) que pasou ó galego como "auga" e o sufixo -arius, usado para formar substantivos que indican axente a partir doutros substantivos ou adxectivo de substantivos e de numerais. Así, aquarius (caso nominativo; masculino, singular) significaría "de ou pertencente á auga" .

* Imaxe da Wikipedia