Aquis Originis

Situada a escasos metros do balneario de Lobios, no lugar Os Baños, parroquia de Río Caldo, Lobios, Ourense, esta é a primeira mansión viaria que nos atopamos no camiño da via XVIII (Via Nova) do itinerario Antonino ao penetrarnos no actual territorio de Galicia, máis exactamente entre as millas 38 e 39 do citado itinerario e preto dun afloramiento de augas termais na Serra do Xurés en territorio Ourensán. A súa función principal, sería a de dar acubillo aos viaxeiros que percorrían a Vía Nova entre Bracara Augusta e Asturica Augusta.

* Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

A súa construción inicial data de época Alto Imperial, pero esta está actualmente arrasada. As partes que se conservan corresponderían a unha segunda fase edificatoria contorna a finais do século II d.n.e. e principios do III, constatándose diversas reformas ata finais do século IV d.n.e. ou principios do V.

A súa extensión orixinal roldaría os 500 m², cun sector residencial ou pars urbana, que estaría dotado con complexos termais privados, peristilos columnados e probablemente, chans profusamente decorados con mosaicos ou pavimentos, así como pinturas decorativas nas paredes.

Na actualidade podemos ver tres espazos correspondentes á pars urbana. Quizais o máis espectacular sexa o que corresponde á zona do hipocaustum moi ben conservado e que funcionaría a modo de calefacción das estacias así como para dar servizo á zona termal, onde quentaría o caldarium ou piscina de auga quente.

* Detalle do hipocaustum. Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Tamén podemos observar un espazo reservado á cociña e un terceiro que obedecería a un patio situado entre os dous espazos anteriores.

Fonte da información: José R. López Blanco

lvcvsavgvsti.blogspot.com.es/p/aquis-originis.html