Unha das nosas fotos, imaxe destacada en Wikimedia

Data de publicación: Sep 15, 2011 5:46:35 PM

Unha das fotos de DivesGallaecia2012, realizada por Miguel Bugallo, foi considerada en Commons Imaxe destacada do proxecto Wikimedia. Dita foto aparece ademais na páxina de presentación do concurso fotográfico Wiki loves monuments, concurso centrado nos monumentos recoñecidos como Ben de interese cultural.Por outra banda, a foto da Torre de Hércules, á hora da súa realización presentaba dúas dificultades. A primeria delas refírese á súa composición, pois había que distribuír na imaxe dous monumentos, o da Torre de Hércules e a escultura de Breogán, respectando a regra dos dous terzos (véxase o apartado Composición da Guía de imaxes de calidade da Galipedia)Tras localizar o espazo exacto (a 12,6 m da estatua) para sacar a foto considerando a verticalidade do camiño de acceso á Torre e a súa coincidencia coa escultura, a segunda dificultade consistiu en decidir a apertura de diafragma. A foto foi realizada cunha Canon EOS 5D Mark II e co obxectivo EF 70-200 USM IS L F4. O programa escollido foi o de prioridade de apertura (A) para que mediante f/20 ambos os dous monumentos quedasen adecuadamente enfocados.As demais características técnicas da imaxe son as que seguen:

    • Tempo de exposición: 1/125 sec (0.008).

    • Apertura de diafragma: f/20.

    • ISO: 200.

    • Lonxitude focal: 81 mm.

    • Distancia do suxeito enfocado: 12.6 metros.

    • Balance de brancos automático.