Mansio de Aquis Querquennis

Data de publicación: Apr 02, 2012 4:37:26 PM

Moito preto do xacemento que alberga o campamento militar de Aquis Querquennis e xusto antes das surxencias termais nas que podemos mergullarnos libremente sempre e cando non estén anegadas polo encoro das Cunchas, están as ruínas do que foi un establecemento hostaleiro construído no século II d.C e modificado posteriormente.

Á beira da via nova, permitía aos viaxeiros que percorrián esta autoestrada da Antigüidade tomarse un merecido descanso, como fixemos nós recentemente. Estas son as imaxes.