Rubicon Exotic

Data de publicación: Feb 12, 2014 3:53:0 PM

Rubicon Exotic é unha marca inglesa de bebidas con gas fundada en Inglaterra, en 1982. Os sabores desta compañía son de froitas exóticas como o mango, a papaya, etc... Ven do termo latino Rubico, onis: "Rubicón, río de Italia". A historia nos conta que no século I a.C., a lei romana prohibía a calquera xeneral cruzar o Rubicón cun exército, xa que era a fronteira septentrional de Italia. Xulio César atreveuse a cruzalo malia que sabía que ao facelo provocaría unha guerra civil. Tras atravesalo, pronunciou a famosa frase "alea iacta est!", que significa "a sorte está botada!".

Actualmente, o latinismo emprégase cando se toma unha decisión na que é imposible dar marcha atrás, unha acción decisiva.

A relación que hai entre o nome comercial da bebida e o significado de "cruzar o Rubicón" é que, ao tomar a bebida, estás pasando a fronteira e xa non haberá volta atrás despois de probar o delicioso sabor da gaseosa.

* Imaxe de Google.