De viaxe pola Via Nova

Data de publicación: Mar 01, 2012 7:34:27 PM

Estes días de Entroido estivemos por terras de Ourense (e algunha de Portugal, no parque do Peneda-Gerês), filmando e tomando imaxes da Via Nova, ou Via XVIII segundo o Itinerario Antonino. Comezamos en Portela de Home, onde se atopa unha importante acumulación de miliarios, e despois baixamos por un tramo reconstruído da Via cara a Lobios.