Concurso Odisea

É un concurso de cultura clásica no que participan alumnos de centros de ensino secundario.

Historia

O concurso está basado nunha idea orixinal de dúas profesoras do instituto de Cambre, Ángeles Burgos González e María F. Loira Santiago.

Este concurso tivo a súa primeira edición no ano 2006 participando soamente centros de Galicia. No 2007 incorporáronse ó concurso as provincias de Castellón, Valencia e Alicante. No 2011 incorporouse Aragón e no 2012 incorporouse Cataluña. Neste ano 2012 Aragón non participou.

Para o 2013 está previsto que participen os centro das provincias de Salamanca e Valladolid.

Bases

O concurso dura catro días. Cada centro ten diferentes equipos dun máximo de tres participantes.

No primeiro día, saen publicadas na páxina web do cuncurso preguntas sobre as viaxes na mitoloxía grega e romana; no segundo, sobre a vida cotiá en Grecia e Roma e no terceiro, as preguntas son sobre as viaxes na Historia e institucións grecolatinas.

No cuarto día formúlanse unha serie de preguntas "preguntas-pistas" e un "preguntón", cuxa dificultade é maior ca os das preguntas dos outros tres días; a resposta do "preguntón" virá dada polas polas iniciais das respostas correctas das "preguntas-pistas", seguindo a orde da publicación destas. Estas preguntas tratan sobre Literatura grecolatina.

Imaxe de IES MGB en Flickr

En caso de empate para obter o primeiro posto celébrase un desempate que consistirá nun novo preguntón. Este desempate terá lugar nas dependencias dos centros designados pola organización, e será viciado por un membro da mesma. No desempate as preguntas tratan sobre todos os temas que saíron nas anteriores fases do concurso. En caso de novo empate o gañador é o equipo que contestase no menor tempo posible en responder a este "preguntón" de desempate. Os gañadores das súas respectivas Seccións competiten entre sí nunha segunda fase Estatal cun preguntón que é publicado o mércores da seguinte semana. Este desmpate ten lugar nas dependencias do centro gañador, ou senón é posible, nun centro asignado pola organización vixiado por un responsable da mesma.