O festival de teatro grecolatino de Lugo, na Galipedia

Data de publicación: Jun 13, 2012 2:56:50 PM

Un dos obxectivos deste proxecto foi dende sempre a colaboración coa Galipedia (a wikipedia galega) e con wikimedia Commons (base de datos de ficheiros multimedia da wikipedia).

Pois ben, logo dalgunha colaboración puntual en algún artigo (toponimia de orixe latino, novidades do Arde lucus), hoxe presentamos a primeira páxina creada ex nihilo por nós e dedicada ao festival de teatro grecolatino de Lugo, evento que forma parte da nosa sección Hic et nunc, ou en que maneira seguimos sendo romanos hoxe en día.

Na entrada recóllese toda a información sobre o evento, incluíndo imaxes e os datos de participación e programa de todas as edicións dende o 2001 ata o 2012.