O latín no fútbol

Neste caso o famoso lema non é exclusivo dun clube de fútbol, o Barnsley FC, senón que tamén podemos atopalo en algún rexemento do exército inglés, en diversos condados de Londres ou mesmo nunha High School.

Victoria concordia crescit

É o lema do antigo escudo do Arsenal, que cambiaron en 2002, e significa "a victoria medra coa concordia ou coa armonía", que significa que para gañar teñen que estar unidos, cunha relación e proporción adecuada.

O latín culto foi unha lingua uniforme, moi estable durante séculos (dende o s. III a.C. ata o V d.C., a caída do Imperio romano de occidente). A aparición das linguas romances no s. IX e a súa utilización posterior como linguas literarias supuxo un progresivo abandono do latín, aínda que esta lingua, como lingua escrita, seguiu durante moitos séculos sendo unha lingua de prestixio, na que foron escritas moitísimas obras de índole literaria ou científica. E no século XXI o latín, lonxe de ser unha lingua morta, está máis vivo que nunca. Ademais do "Latín Falado" ou "Latín Vivo" e do "Latín Eclesiástico" (segue sendo a lingua oficial da igrexa católica), o "Novo Latín", tamén chamado "Neolatín", está presente como continuador da tradición anterior de lingua franca na comunidade científica en campos como a Medicina, o Dereito, a Filoloxía, a Química, as Ciencias Naturais ou a Astronomía. Asimesmo o uso de latinismos na prensa escrita está á orde do día. Queremos tratar aquí da presencia dos latinismos en lemas ou escudos, concretamente nos escudos dos clubes de fútbol da liga inglesa, e de como aportan ese plus de prestixio que se persegue (aínda que non sempre garanta a consecución dos 3 puntos...!). Aquí vai un exemplo. O Barnsley FC luce na súa enseña o seguinte lema: Spectemur agendo, "sexamos vistos en acción", no sentido de "que nos xuzguen polos nosos actos". Trátase dunha cita do poeta latino Ovidio, que no libro XII da súa obra "Metamorfoses" fai dicir ao heroe Aiax:Denique (quid verbis opus est?) spectemur agendo!

Pro civibus et civitate

Este é o escudo orixinal do Fulham Football Club que, curiosamente, coincidía co escudo da cidade. No seu lema prometía esforzarse pro civibus et civitate, "pola cidade e o cidadán". Actualmente o escudo foi cambiado por outro con un diseño máis actual no que xa non existe o lema en latín.

*Imaxe: wikipedia

*imaxe google

Audere est facere

"Querer é poder", no sentido de que con ganas e unha boa actitude se poden conseguir os resultados desexados. Pertence ao equipo de fútbol Tottenham Hotspur.

Este latinismo é coñecido principalmente por ser o lema deste equipo pero tamén se empregou para darlle nome a unha famosa escola de Montevideo, Uruguay, coñecida como "Escuela Audere Est Facere"

*imaxe: Wikipedia

Arte et labore

"Con arte e traballo", no sentido de que con unha actitude positiva, talento e esforzo se pode chegar ao máis alto, e superarse a un mesmo. Pertence ao equipo de fútbol Blackburn Rovers.

*Imaxe wikipedia

Consilio et animis

Nil satis nisi optimum

Este lema pertence ao equipo Everton e significa "Nada excepto o millor é suficientemente bo" o que quere mostrar un espíritu de superación e de facelo o millor posible.

"Consello e mente" é o lema pertencente ao Sheffield Wednesday Football Club. O significado deste lema é que con valentía e intentando ser máis intelixente ca o rival podes conseguir a victoria.

Superbia in proelio

*Imaxe de google

"Orgullo na loita" no sentido de que perdan ou gañen están orgullosos da loita e defenden o seu equipo. Esta frase fai referencia a un lema militar das lexións romanas. Este lema pertence ao Manchester City, equipo da Premier League.

Vincit omnia industria

É o lema do equipo inglés Bury fc. Este latinismo significa "o

traballo vénceo todo". Refírese ao traballo duro, ao esforzo e ao empeño que serve para conseguir todo o que nos propoñamos.