Pombal - Xunqueira
Pombal: PALUMBALEM < PALUMBA, 'pomba': 'lugar construido polo home onde viven as pombas'. Exemplos na Galipedia: Pombal, lugar da parroquia de Santiago das Caldas no concello de Ourense
Ponferrada: PONTEM FERRATAM: "ponte de ferro", na que se utilizaron materiais de ferro, non é que toda ela fora de ferro. Ponferrada, é unha cidade de Castela e León, capital da comarca de Bierzo, na provincia de Castela e León.
Ponteceso: PONTEM CAESUM: "ponte caída, ponte rota". Conserva o xénero masculino do latín no adxectivo. Ponteceso: é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños
Pontevedra: PONTEM VETERAM: "ponte vella", ou para outros "ponte do río Vedra", nome que se lle daba ó río Lérez; este pobo era chamado AD DUOS PONTES. Outra hipótese fala de PONTE PEDRAM, "ponte de pedra". Pontevedra é unha cidade do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas.
Portomarín: de PORTUMARINI, "Porto de Marino", de portus "porto ou paso fluvial de pouca
profundidade" á beira do río Miño e de Marinus, nome do posuídor ou da persoa que estaría ao cargo. Cf. Vilamarín, a vila de Marín. Cfr. VILAGARCÍA
Ribadavia: Riba + d(e) + Avia, RIPAM: beira dun río ou do mar: "beira do río Avia".
Ribeira: RIPARIAM: costa, beira do mar.
Salamanca: de SALMANTĪCA e este de HELMANTICA – nome relacionado co deus celta Helman –, cidade fundada polos vaceos no s. IV a. C.
Santiago: De (ECCLESIA) SANCTI IACOBI “igrexa de San Xacobe”. Grafía arcaica: Sant-Iago; portugués: San Tiago.
Sanxenxo: na súa orixe SANCTU GENESIU, "San Xenxo" en galego e “San Ginés” en castelán. Tódalas igrexas están adicadas a un santo, a un home ou a unha muller que destacou polo seu comportamento relixioso. Por iso as parroquias, que agrupan as localidades que dependen de unha igrexa, teñen cada unha o seu santo e fan unha festa na súa honra e tamén en moitas ocasións, ata se chaman co nome do santo.
Seixo: de SAXUM, "rocha, pedra", ás veces con palatalización inicial Xeixo.
Sobrado: (AEDIFICIUM) SUPERATUM: edificio cunha parte alta, que sobresae. Terra alta, que sobresae. O sobrado é o nome do piso alto dunha casa galega.
Touro: TAURUM, touro. Hai posturas enfrontadas sobre a orixe deste topónimo: mentres uns defenden a súa relación con taurum “touro”, outros ven nel unha base oronímica (oros: monte) *tauro-, moi difundida desde Asia Menor ata o Atlántico e frecuente en Galicia e Portugal, co significado de “lugar elevado e rochoso, acantilado...”. Cf. a cidade de Toro en Zamora.
Triacastela: TRIA CASTELLA: tres castros, rematan en –A porque é neutro plural.
Veiga: do íbero VAI- río e o sufixo –KA- rexión do río, é un terreo a beira dun río. En vasco (i)bai: río.
Vigo: VICUM, "aldea, grupo de casas ou propiedade rural". Cf. o catalán Vic.
Vilaboa: VILLAM BONAM: "vila boa, casa de campo boa".
Vilachá: VILLAM PLANAM, "vila situada nun lugar plano."
Vilagarcia: Topónimo composto de VILLAM, "explotación agropecuaria" e un "posuídor" –García-. En Galicia hai varios lugares que reciben o nome de Vilagarcía: no concello de Baleira (Lugo), no de Carballedo (Lugo), en Ramirás (Ourense), etc. Cfr. VILAMARÍN
Vilalba: VILLAM ALBAM: A primeira vista parece significar “vila branca”, mais a raíz *alb-/*alp- semella indoeuropea co significado de “altura” (cf. Monte Alba). Sería, pois, unha "vila situada nunha altura" (cf. os Montes Alpes).
Vilameá: VILLAM MEDIANAM, “casal ou lugar situado a media altura do monte”.
Xestoso: GENISTOSUM, e á súa vez de GENISTA, "xesta" (Cf. castelán "iniesta, ginesta") máis o sufixo abundancial -OSUS-A-UM, lugar onde abundan as xestas.
Xunqueira: IUNCARIAM, e á súa vez de IUNCUS, "xunco", máis o sufixo abundacial -ARIUS-A-UM. Lugar onde abundan os xuncos.
Zaragoza: CAESARAUGUSTA, onde o ditongo au evolúe a a como en (mensis) Augusti (agosto) ou en Vallem Augusti (Val d’Aosta).
* Información elaborada sobre un traballo previo de Benigno Riveiro Arjones e outro do IES María Soliño de Cangas (non figura autor)