Torre de Hércules

Descrición do monumento

A Torre de Hércules é unha torre e un faro situado na península da ciudad de A Coruña, en Galiza (España). A súa altura total é de 68 m e data do século I. Ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo. É o segundo faro en altura de España, por detrás do Faro de Chipiona. O 27 de xunio de 2009 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Datos xeográficos

    • Localización: 43º23´N 8º24´W.

    • Altura: 68 metros

    • Altura sobre o nivel do mar: 106 metros.

    • Escalóns: 234.

    • Alcance: 24 millas.

    • Destellos: grupo de 4 cada 20 segundos.

Permitiu identificar ao arquitecto Cayo Sevio Lupo, originario de Aeminium, hoxe Coímbra, en Portugal. A torre perdeu o seu uso marítimo durante a Idade Media ao convertirse en fortificación. No século XVII (1682) o Duque de Uceda encargou a restauración arquitectónica ao arquitecto Amaro Antune, que construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde se sitúan dúas pequenas torres para soportar os fanais. No reinado de Carlos III realizouse a reconstrución completa. A torre era, antes de comezar a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e ventás asimétricas que a percorrían ata o piso superior, e unha mordente helicoidal que chegaba ata a parte superior. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración de edificio, harmonizándoa na súa decoración con marcos superiores de portas e ventás. A fachada actual da torre é o froito da remodelación neoclásica efectuada no século XVIII.

No ano 2007, foi elixida candidata para engrosar a lista de bens culturais Patrimonio da Humanidade. O 9 de setembro de 2008 irmandouse coa Estatua da Liberdade de Nova York e o día 25 dese mesmo mes co Faro do Morro Da habana, o máis antigo de América e un dos emblemas de Cuba. Dende o 15 de xaneiro de 2012, a Torre de Hércules permanece pechada de xeito urxente, segundo a edil de Turismo Luisa Cid, para acometer unhas obras.

Mitoloxía

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente alí o lugar onde enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate.

Así mesmo, historiadores identificaron a torre como o lugar onde puido estar situada a Torre de Breogán, unha torre mitolóxica que aparece entre outros no ciclo mitolóxico irlandés , e dende a que Ith, fillo de Breogán, tería avistado as costas de Irlanda. Esta sospeita vén acrecentada polo topónimo Brigantium, que é altamente posible que derive de Breogán, e ten sustento na tradición dos romanos á hora de identificar os seus propios deuses ou heroes, neste caso Hércules, cos autóctonos.A mitoloxía di que «houbo un xigante chamado Gerión, rei de Brigantium, que obrigaba os seus súbditos a entregarlle a metade dos seus bens, incluíndo os seus fillos. Un día os súbditos decidiron pedir axuda a Hércules, que retou a Gerión nunha gran pelexa. Hércules derrotou a Gerión, enterrouno e levantou un túmulo que coroou cun gran facho. Preto deste túmulo fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha muller chamada Coruña, Hércules puxo á cidade este nome.

MARTI AVG.SACR C.SEVIVS LVPVS ARCHTECTVS ÆMINIENSIS LVSITANVS.EX.VO

Historia

A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo é o único que se conserva en servizo. Construída na segunda metade do século I, por un arquitecto de Coimbra de nome Gaio Sevio Lupo. A Torre de Hércules foi construida polos romanos como faro de navegación.

Esta construcción está comprendida entre entre os reinados de Nerón e Vespasiano en función dos achados de fragmentos de terra sigillata e vasos de paredes finas datables entre os anos 40 e 80 da nosa era. Na base da torre encontrouse unha pedra votiva coas inscripcións en latín

*Imaxe de IES-MGB en Flickr

*Imaxe de IES-MGB en Flickr

*Imaxe de IES-MGB en Flickr