Viae

    • Viae privatae unían as Villae coas viae vicinales et publicae ao cargo dos donos das Villae próximas

Construción

    • Deforestación: desbroce do terreo.

    • Explanación: aplanamento do chan e desmontes.

    • Delimitación da largura do firme mediante bordos.

    • Cimentación cunha capa de pedra en bruto (gremium, statumen)

    • Capas intermedias como arena ou grava (rudus, nucleus)

    • Capa de rodadura con laxas apisonadas con area (pavimentum, summa crusta)

    • Topógrafos romanos: orixe militar

    • Instrumentos de medida:

      • dioptra groma chorobates odómetro

Finalidade

    • Primordialmente militar

      • avance das lexións do exército romano

      • autoridade nos territorios conquistados

      • defensa das fronteiras

    • Favoreceu tamén

      • o comercio: transporte de mercadorías

      • a romanización: transmisión da lingua e cultura romanas

Tipos

Viae publicae (rede principal)

    • A cargo do Estado.

    • Orixe militar Servizo postal do emperador

    • decretos, mensaxes Tráfico comercial

*Mapa de Europa segundo Estrabón. Fonte: Wikipedia

Viae vicinales (rede secundaria)

    • vicus: “núcleo de poboación”

    • A maioría das calzadas eran deste tipo

    • Comunicaban núcleos de poboación con cidades grandes

    • A cargo das autoridades locais

IntroduciónOs perigos da navegación marítima levaron aos romanos a construír unha rede de calzadas, un total de 90.000 kilómetros de viae, con punto de partida en Roma

unían cada rincón do Imperio, de norte (Escocia) a sur (norte África) e de oeste (Finisterrae) a leste (río Éufrates)

Miliarios

    • Columnas colocadas no bordo da calzada

    • Marcaban as distancias en millas romanas (1.450 m) ata Roma ou a localidade máis próxima na via

    • A maioría levan inscricións co título completo do emperador, distancia, unidade militar, etc.

* Miliario e columna conmemorativa. Ponte Bibei. Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

* Inscrición do miliario de Ponte Bibei. Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Mansiones

    • (sg. Mansio, onis) eran dependencias que, ademais de cambiar os cabalos, ofrecían a posibilidade de pasar a noite. Adoitábanse situar nos cruces das vías principais.

    • Moitas delas chegaron a converterse en cidades e recibiron o mesmo nome que tiñan cando eran unha mansio.

    • Na provincia de Ourense, no concello de Lobios, atópanse os restos da mansio Aquis Originis, situada á beira da Via Nova, onde podemos observar o hipocaustum (sistema de calefacción)

    • Cauponae: (sg. caupona) iguais ás mansiones, pero de baixa reputación, frecuentadas por ladróns e prostitutas.

    • Mutationes: (sg. mutatio) Antigas “estacións de servizo”, para cambiar cabalos, axustar rodas de carros, etc.

* Mansio de Aquis Originis. Lobios, Ourense. Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Fontes

    • Tabula Peutingeriana: mapa elaborado no s. III a.C. Podería ser copia dun mapa do Imperio de Agripa para o seu sogro Augusto (s.I d.C.). Representa o mundo coñecido na época.

    • Itinerario de Antonino: libro cunha listaxe de todas as vías, etapas e distancias. Inspírase na Tabula Peutingeriana e foi redactado baixo o reinado do emperador Caracalla (III d.C.).

    • Vasos de Vicarello (Vasos Apolinares): atopados no s. XIX, teñen gravados en varias columnas os albergues dende Roma a Cádiz.

* Imaxe. Tabula Peutingeriana. Wikipedia.

* Imaxe. Vasos de Vicarello. Wikipedia.