A Coruña romana. Museo do castelo de San Antón.

Data de publicación: Jun 09, 2012 12:28:8 PM

O castelo de San Antón, que foi primeiro baluarte da baía coruñesa e logo cárcere, alberga hoxe o museo Arqueolóxico e Histórica da Coruña e conta cunha planta adicada á romanización de Galicia.

Nas vitrinas adicadas á vida cotiá podemos atopar xerras, fragmentos de ánforas, fichas de xogos, dados, etc., moitos deles achados na propia cidade ou noutras localidades de Galicia, como son por exemplo os que veñen do campamento de Ciadella, en Sobrado dos monxes.

No campo da epigrafía temos aras votivas adicadas á Deusa Fortuna ou a Xúpiter Óptimo Máximo, pero tamén a divindades locais como Coso ou os Lugoves.

Pezas destacadas son tamén unha pequena estatua de bronce de Mercurio, ou o ídolo fálico do Castro de Elviña. No campo da ourivería temos torques, diademas e colares.

Os ritos funerarios están tamén presentes, con estelas de pedra e mesmo un esquelete dunha muller nova, coa súas tegulae e urnas funerarias.

Para os que penser ir un día de visita, sirva este vídeo de pequena guía do que poderán atopar alí.