Toponimia

Introdución

    • Toponimia é o conxunto dos nomes de lugares ( Do grego topos “lugar” e onoma > onimia que significa “nome”).

    • Os topónimos son a parte máis conservadora do idioma. A toponimia galega é a máis abondosa da Península pola dispersión da población e polo minifundio (en torno a tres millóns de topónimos).

    • Supón moita información sobre o noso pasado xa que tódolos pobos que tiñeron algo que ver con esta terra deixaron a súa pegada na nosa toponimia (celtas, árabes, romanos, etc). Ademais, os topónimos pódennos dar indicios de antigos detalles xa desaparecidos ou modificados pola man do home nos aspectos xeográficos dunha comarca, da flora ou da fauna. Asemade, poden dar testimonio de fundacións, institucións e outras obras humanas que non deixaron outro rastro máis ca este.

Etapas

Etapa prerromana

    • Anterior á presenza romana. Máis obscura e difícil de investigar (celtas, lígures ou ilirio-lígures, etruscos). Ex: *Minium (etrusco) > minio, bermellón, cinabrio (óxido de mercurio, de cor vermello roxo) > Miño. Sil (óxido de ferro hidratado, de cor amarelo)= sil, ocre.

    • O Céltico é menos difícil de perseguir, pero a súa identificación non é nada fácil. Os celtas, sabemos que inundaron case toda Hispania. Este sería un territorio celtizado como a Lusitania occidental de celtas da rama britonia (= ó galés de Gales e ó bretón da Bretaña francesa) e non á rama gaélica ou goedélica (= ó irlandés, gaélico de Escocia, illa de Man, etc)

    • O elemento que presenta as mayores dificultades é o ligur e o etrusco se algo hai ou queda. Ex: Lambre (río de Betanzos e lugar de Irixoa) relacionado co Lambro afluente do Po na Lombardía. No que respecta ó etrusco, os testimonios son máis abundantes e seguros e a súa interpretación vai progresando cada día. Non quere dicir que tivera habido colonias de etruscos en Hispania se non que terían un substrato mediterráneo común cos habitantes destas terras.

Etapa romana

    • Ata os nosos días. Nela distínguense tres estratos

      • Estrato latino (asimila elementos no latinos, célticos, gregos, etc.)

      • Estrato xermano (suevo, xermanos occidentais,-visigótico, xermanos orientais): época de transición entre o estrato latino e o romance. Os topónimos deste estrato caracterízanse por uns sufixos moi claros: -gilde,-mil,-monde,-rey,-riz, -sende,-ulfe,-án/-áns/-ás (Freás), -in, -elle (Sendelle).

      • Estrato romance: de difícil distinción co estrato latino. De feito, hai quen fala dun Gran estrato formado polos topónimos latinos e os romances. Nesta etapa os nomes de lugar identifícanse con relativa facilidade por dúas razóns:

    • Topónimos arábigos hai moi poucos; máis ben son voces mozárabes, vocablos que pasaron ó romance galego e utilizáronse logo como topónimos (Aldea; Alfoz pago ou término municipal; Alfándiga barranco, foso; Algara= cova; Aceña, Tafona, Talaya, Atalaya…). Son relativamente modernos.

    • Moitos perviven como nomes comúns na lingua vulgar.

Clasificación dos topónimos

    1. Formas de establecemento humano ou tipos de poboación: Ex: Castro, Burgo, Vigo < vicus= aldea, barrio, Vila, Vilar

    2. Fundacións ou edificacións, tipos de construccións feitas polo home. Ex: Castelo, Celeiro, Pazo, Torre, Muros

    3. Establecementos industriais. Ex: Muiño, Fornelos, Telleira, Batán, Foloña< fullonia, do latín fullo, fullon-is: batanero por fullonium: batán, pisón, folón.

    4. Topografía ou configuración do terreo, a súa constitución, chamados tamén orotopónimos. Ex: Lomba, Montouto, Rebordechán, Valongo, Areas, Barreiro, Lousada, Seixo, Seixido < saxum: roca, pedra.

    5. Flora espontánea e cultivos, chamados fitotopónimos. Ex: Carballeda, Freixo, Loureiro, Salcedo, Maceda, Liñares, Soutelo < saltus: bosque, prado, en diminutivo.

    6. Fauna e animais indómitos ou domésticos, zootopónimos. Ex: Lobería, Oseira, Golpelleira< golpe< vulpes: raposa, golpe, Pombal, Abelleira, Armenteira <armentum: rabaño de vacas.

    7. Os camiños, as súas obras ou lugares relacionados con eles. Ex: A Estrada, Ponte Carreira, Vieiro, Portela, Pousadoiro.

    8. Fundacións religiosas ou nomes de santos, os chamados haxiotopónimos. Ex: Capela, Eirexa, O Milladoiro < humiliatorium: humilladeiro, Mosteiro, Santiago, Sanfiz < Sancti Felices, Sanxenxo< Sanctus Genesius; Santalla, Santoalla, Santabaya, Santaballa < Sancta Eulalia.

    9. Fundadores ou propietarios de fincas e poblados que foron orixe das aldeas e vilas actuais, os antropónimos. Ex: Chayán< Flavian-us,-i; Chorente < Florenti-us,-i; Recarey<Recared-I; Guitiriz< Witiric-I;Vilagarcia, Vilar de Donas, Vilar de Frades.

    10. Outros conceptos menos frecuentes e menos facilmente clasificables. Ex: Belvís < Bellu visu: bella vista; Cospeito < conspectus: visible, vista; Bemposta, Cimadevila, Niñodaguía.

    11. Nomes tribales ou étnicos análogos. Ex: Célticos, Bergantiños, Suevos, Toldaos, Bangueses < que veñen de Banga (Carballiño); Cambeses de Camba (hidrónimo que designa un afluente do Bibey en Ourense e do Arnego en Pontevedra).

Na toponimia prerromana pódense agrupar por series de terminacións iguais ou semellantes.

    • Obre/ -ebre/ -abre: Añobre, Callobre, Sillobre, Boebre, Deixebre, Alcabre, Xiabre.

    • Ove: Landrove, Lestrove, Tragote

    • Oña/ -oño: Baroña, Bedoña, Carantoña, Centroña, Vizoño, Ortoño

    • Ara (átono) : Brácara>Braga; Láncara, Lózara; Tállara; apelativos: cáscara, gándara, Sénara> Seara, Senra: terra de sembradura.

    • Anca/ -anco: Bardanca, Cusanca, Coristanco, Listando.

    • Plurales en –antes: Arantes, Barbantes, Cervantes, Cesantes, Serantes.

Tamén polos seus primeiros elementos ou sílabas radicales: Ex: Lesta > Lestayo, Lestedo, Vestido, Lesteiro, Lestrove.

Hai que ter en conta tamén que algúns topónimos son formacións híbridas resultado da coexistenza de diversos elementos idiomáticos:

    • Pódese tratar de compostos de dous termos de lenguas diferentes como Castromil, Seixomil (latino-xermánicos)

    • Adxectivos ou nomes de sufixos latinos sobre bases ou raices non latinas pero incorporadas ó latín ou ó romance galaico-portugués como se o fosen. Ex: Biduido < *betuletum de betulla: abedul, tamén Bido / Biduo / Bidueiro; Carballo, Carballal, Carballeda, Carballeira; Lama, Lamela, Lamosa, Lameiro; Laxe, Laxosa, Laxeiro.

Mapa da toponima galega de orixe latina