O latín na música

Data de publicación: Mar 11, 2014 10:56:25 AM

  • Unha banda alemá de folk metal, In extremo, que pon música ao Omnia sol Temperat dos Carmina Burana

  • Outra banda alemá, esta vez catalogada como banda de Folk pagán, darkwave e música medieval: Faun, co seu tema Par Veneris.

  • Un compositor belga de música contemporánea, Nicholas Lens, coa primeira parte da súa Triloxía operística The Accacha Chonicles, que leva por título Flamma Flamma.

  • Unha cantante xaponesa de ópera, Kumiko Oguro, máis coñecida como Noma, e o seu tema Lilium, a canción de apertura da serie, Elfen Lied.

  • Un grupo dun instituto norteamericano con nome de tanque alemán, Panzer, co seu profesor de latín á fronte cantando a versión latina do himno de Deed Purple, Fumus in aqua.

  • Un grupo francés de Heavy Metal e de mitolóxico nome, Kronos, que lle pon letra en latín a unha festa de deuses, Party's Deorum (aínda que, inexplicablemente, leva o título en inglés), e interpreta con forza o seu tema Magica Europa.

  • Un himno relixioso, Adeste Fideles, xeralmente atribuído a John Francis Wade.

  • Un tenor, Arturo Escorza, que se atreve con "Solamente una vez" na lingua de Cicerón, ou sexa, Solum semel.

  • Outra cantante xaponesa, esta vez unha intérprete de cancións para videoxogos e series anime, Itou Kanako, e o seu latino Lamento.

  • Unha banda americana de Heavy Metal, Iced Earth, coas súas chamas sagradas, In Sacred Flames, unha especie de himno ritual satánico, como non, en latín. E para mostra, un non menos satánico botón...

Convocare, caelestis

Bestia, excidium

Hominum mortalis

Dies natalis, nefarius, detestari (...)

Son moitas as formacións musicais ou cantantes solistas que elixiron o latín como lingua para algunhas das súas interpretacións e composicións. O heavy metal, as series de anime e videoxogos, a ópera, a música contemporánea, os himnos relixiosos, o folk metal, a canción lixeira, o bolero..., todos os xéneros musicais habidos e por haber teñen no latín un fiel aliado.

Estivemos investigando nas últimas semanas cos alumnos e alumnas de 4º de ESO (e algunha colaboración dende 1º de BAC), e isto foi o que atopamos: