Un paseo pola Via Nova

Data de publicación: Dec 19, 2012 4:40:41 PM

Iso foi o que fixemos o pasado día 13 de novembro os alumnos "Clásicos" do MGB. Comezamos a nosa andaina nos miliarios de Portela de Home, percorrendo o tramo restaurado da Via Nova uns 3 kilómetros e desviándonos á dereita para visitar a corga da Fecha, un espectacular salto de auga.

Despois seguimos camiño pola rota trazada ata chegar á mansio de Aquis Originis, que desgrazadamente se atopaba en moi mal estado, case completamente recuberta de xestas e silvas varias.

O autobús estábanos esperando en Lobios para levarnos a Aquis Querquennis, onde fomos recibidos no centro de visitantes e asistimos á proxección dun audiovisual sobre a romanización de Galicia.

Na corga da Fecha

Nas termas, preto de Aquis Querquennis

Logo comemos ás portas do campamento e despois de comer iniciamos a visita entrando pola porta Decumana e percorrendo os distintos Strigia (barracóns da tropa), os Horrea, o valetudinarium (hospital) e os Principia (cuartel xeral). Saíndo pola Porta Principalis Sinistra atravesamos unha parte do encoro, aproveitando o baixo nivel das augas, para desfrutar dun baño nas termas.

Co material filmado o equipo de DivesGallaecia 2012 elaborou este vídeo.

Aquis Querquennis from Dives Gallaecia on Vimeo.

Campamento romano situado no concello de Bande en Ourense.