Festa do Esquecemento

É un evento de recreación histórica que se celebra na localidade de Xinzo de Limia (Ourense) no último fin de semana de agosto. A festa leva celebrándose dende o ano 2001.

Historia

Esta festa intenta rememorar a chegada ata a marxe esquerda do río Limia das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto no ano 135 aC.

A beleza do lugar fíxolles xulgar que se atopaban diante do lendario rio Lethes, o río do Esquecemento, que apagaba todos os recordos da memoria de quen o atravesase. Entón, empuñando o estandarte das aguias de Roma, o comandante chamou desde a outra marxe a cada soldado polo seu nome. Así proboulles que ese non era o río do esquecemento.

Actividades

De entre as moitas actividades que se celebran, salientamos nesta listaxe algunhas das realizadas na edición 2011.

    • Acto de invocación as Deusas Xunio e a Deusa Mae-Callaech.

    • Escaramuzas e liortas entre Castrexos e Romanos polo macelum.

    • Obradoiros, xogos, desfiles, animacións...

    • LUDI GLADIATORI (Loitas de gladiadores).

    • Bodas e nasciturus: Flamen Marco Flavio Sabino e Druída Rodrigísturis.

    • Selado do PACTO DE HOSPITALIDADE de grupos invitados coa Civitas Limicorum.

    • CEA DE CONFRATERNIZACIÓN castrexa e romana.

    • EXPUGNATIUM: Os castrexos non pagan impostos, participan: CAETRA, LUGDUNUM, TIR NA NOG, CIVITAS LUCENSIS e LUCUS EQUITES.

    • Representación do CRUCE DO LETHES.

    • BATALLA entre Castrexos e Romanos.

    • DESFILE XERAL dos grupos Castrexos e Romanos con un gran recorrido.

    • CIRCO ROMANO.

    • TROULA ROMANA.

    • Demostracións equestres a cargo do grupo LUCUS EQUITES

Galería de imaxes

Descrición e datas

Cartel da festa do Esquecemento

Equites

*Imaxe de divesgallaecia en flickr

*Imaxe de divesgallaecia en flickr

*Imaxe de divesgallaecia en flickr

*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Décimo Xunio Bruto atravesa o río

*Imaxe de divesgallaecia en flickr

As lexións agardan para cruzar o río

Equites*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Liortas entre castrexos e romanos

*Imaxe de divesgallaecia en flickr

*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Batalla final entre castrexos e romanos

*Imaxe de divesgallaecia en flick

O paso do río Lethes

Lexionario*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Castrexos e romanos