O latín e a publicidade na Estrada

Data de publicación: Feb 18, 2014 12:21:21 PM

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO do MGB levan varias semanas investigando e descubrindo que o latín segue hoxe, hic et nunc, máis vivo que nunca no mundo da publicidade.

Dende aquel famoso cartel publicitario da firma Michelín, Nunc est bibendum ("agora é tempo de beber"), son moitas as marcas e empresas que buscan destacar o seu produto ou o seu negocio con ese plus de prestixio e calidade que lle confire un nome latino ou relacionado coa Antigüidade Clásica.

Tamén na nosa vila, na Estrada, temos varios establecementos que seguen esta máxima. Existe un restaurante chamado Velis Nolis, unha cafetería chamada Orpheus e outra Invictus, e unha axencia inmobiliaria que atende ao nome de Arcadia.

Cafetería Invictus

Axencia inmobiliaria

Arcadia

Cafetería Orpheus

Restaurante Velis Nolis

Pero é que, ademais, sempre poderemos desfrutar coa bebida Rubicon Exotic, darnos unha volta nun Volkswagen Phaeton, comprar algún xoguete en Imaginarium, algún trapiño que nos guste en Uterqüe ou facer as tarefas de latín nunha libreta Papyrus.