A Via Nova, na súa entrada en Ourense

Data de publicación: Oct 19, 2012 10:5:46 AM

Neste último vídeo realizado polo equipo de Dives Gallaecia 2012, veremos unha parte do trazado da Via Nova ou Via XVIII ao seu paso polo concello de Lobios en Ourense. Comezaremos polos miliarios de Portela de Home e remataremos na mansio romana de Aquis Origins en Lobios.

A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ao longo dunhas 210 millas romanas, que serían uns 330 quilómetros (pero por un lixeiro fallo de cálculo en realidade son 318km). Este trazado e un dos que máis miliarios conserva de toda Europa.

Construída polo legado Caio Calpetanus Rantius Quirinalis Velerius Festus baixo mandato do emperador Vespasiano na segunda metade do seculo I D.C (entre os anos 79 e 80) con propósitos comerciais, e restaurada en tempos de Maximino o Tracio e o seu fillo Máximo (primeira metade do século III D.C).