Orpheus

Data de publicación: Feb 12, 2014 4:16:17 PM

Gracias a todo isto, Orfeo encóntrase en moitas representacións artísticas. En pintura, Durero, Émile Lévy e Émile Jean Baptiste Philippe Bin realizaron obras co nome de A morte de Orfeo. En música, é especialmente importante a obra L'Orfeo, favola in musica de Claudio Monteverdi. Na poesía latina, aparece no cuarto libro das Xeórxicas de Virxilio e no décimo das Metamorfoses de Ovidio. En lingua española, atópase na lírica de Góngora.

Orfeo aprendeu a música de Apolo, que tamén foi o seu amante, e que lle regalou a súa propia lira, fabricada por Hermes coa cuncha dun sapoconcho, coma un regalo de amor.

A tapería Orpheus da Estrada fai referencia a Orfeo, personaxe da mitoloxía grega famoso polas súas habilidades musicais. Esta relación coa música podémola observar no rótulo e nas paredes interiores.

Orpheus provén do latín Orpheus, ī: "Orfeo". Segundo os relatos, cando tocaba a súa lira, os homes reuníanse para escoitalo e facer descansar a súa alma. Desta maneira, conseguiu namorar á fermosa Eurídice e logrou durmir ao terrible Cérbero cando baixou ao inframundo para intentar resucitala.

Segundo a tradición máis coñecida, Orfeo era o fillo de Eagro, rei de Tracia, e da musa Calíope. Pola contra, outras fontes indícannos que o seu pai non era Eagro, senón Apolo. Isto último xa é un pouco máis coherente coa devoción de Orfeo por este deus, o deus da música.